Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 3 DE DECEMBRO DE 2020

N.º 278

XUNTA DE GALICIA
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA
SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Anuncio Resolución do 19 de novembro de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baralla. Expediente IN407A 2020-29AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Domicilio Social: A Batundeira, 2 Velle Ourense
- Situación: concello de Baralla - Características técnicas:

Liña de Media Tensión soterrada a 20kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado proxectado no apoio existente de formigón da LMT CRG806, entra e sae no CT proxectado na Rúa do Toxal e remata nun empalme proxectado na LMTS CRG 806, cunha lonxitude de 42 metros en condutor tipo RHZ1-240mm.
CT en edificio prefabricado de maniobra interior ubicado na Rúa do Toxal, cunha potencia instalada de 400kVA, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección, relación de transformación de 20.000/400230V.
RBT soterrada formada por sete circuítos, con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado e final no enlace coas RBTs existentes, cunha lonxitude de 533 metros en condutor tipo XZ1.
RBT aérea formada por dous circuítos, con orixe nos pasos aéreos a soterrados proxectados e final na RBT
aérea existente, cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo RZ.
Desmontaxe do CT Baralla-Colegio, da LMT aérea que o alimenta e de redes de baixa tensión.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Anuncio publicado en: Num BOP 278 año 2020 03/12/2020
02/12/2020 08:00:00
12:06:30

- Denominación: RETRANQUEO RBTS RÚA ANXEL FOLE, Nº 211 BARALLA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2020

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031