Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 1 DE DECEMBRO DE 2020

N.º 276

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA.
Anuncio De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que por resolución da dirección de Augas de Galicia de data 10 de agosto de 2020 e como resultado do expediente incoado ó efecto, outorgouse a Serafín López Novo unha concesión de 93,12 m3 anuais de auga procedente dun pozo situado no lugar de Tiagonce, na parroquia de Lourenzá Santa María, no concello de Lourenzá Lugo, con destino a uso gandeiro e a rega.
Número Expte.: DH.A27.44519
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020.- O xefe do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico, José Ángel Someso Anguita.

CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno desta Corporación, de data 26 de novembro de 2020, o orzamento xeral, bases de execución, e cadro de persoal para o exercicio económico 2021, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, e demais disposicións concordantes, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días que empezarán a contarse dende o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as que deberán ser dirixidas ó Sr.
AlcaldePresidente desta Corporación.
De conformidade co acordo adoptado o orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se formulan reclamacións.
Castroverde, 26 de novembro de 2020.- O Alcalde, Xosé M Arias Fernández.
R. 3014

Anuncio Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito num. 15/2020.
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de novembro de 2020, aprobou inicialmente o expediente de modificación de crédito num. 15/2020, na modalidade de suplemento de crédito e crédito extraordinario con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1, por remisión do artigo 177.2., do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente á exposición pública durante o prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.
De conformidade co acordo adoptado, o expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan alegacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 276
277 año 2020 01/12/2020
30/11/2020 08:00:00
10:06:43

R. 2996

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/12/2020

Page count86

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031