Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 130 luns, 8 de xuño de 2020

BOP Lugo
Cando un autónomo non leve de alta os 12 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingreso, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
A acreditación deste requisito realizarase mediante a comparación entre a facturación a efectos de IVE realizada en 2019, declarada modelo 390 ante a Axencia Estatal Tributaria, e a facturación correspondente ao período comprendido entre o 14 de marzo e o 11 de maio de 2020 resultante do libro de rexistro de facturas emitidas da empresa solicitante.
Se o solicitante non estivese obrigado á presentación do modelo 390, presentarase unha certificación ou informe da Axencia Estatal Tributaria no que conste o resumo da facturación anual por IVE de 2019.
5.- REQUISITOS PARA SER PERSOA OU EMPRESA BENEFICIARIA.
1.- Poderán solicitar esta subvención as pequenas empresas autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:a Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa traballador autónomo ou entidade mercantil, de acordo a este punto 1.
b Que a actividade que desenvolven se tivera visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD
465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo ou ben, que ainda que non se viran afectados polo peche de establecementos, sufriran unha redución do 50% da súa facturación durante o período comprendido entre o 14 de marzo e o 11 de maio de 2020 con relación á media do último ano natural, 2019.
c Que o domicilio fiscal e, no seu caso o local de desenvolvemento da actividade, se atopen no termo municipal de Baralla
e Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17
de novembro, Xeral de Subvencións, e en particular, non ter débedas coa Facenda estatal AEAT e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social TGSS. Este requisito debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu caso.
f Non ter débeda algunha pendente co concello de Baralla. Este requisito verificarase de oficio polo Concello e debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu caso.
6.- CONCORRENCIA CON OUTRAS SUBVENCIÓNS
Dado o carácter de complementarias das axudas reguladas pola presente convocatoria, a súa concesión será compatible coas que se puideran obter de calquera outra Administración Pública.
7.- PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.- O modelo de solicitude normalizado para a obtención das subvencións reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na web municipal www.concellodebaralla.es e nas oficinas municipais.
2.- As solicitudes, poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Baralla no modelo normalizado sinalado no parágrafo anterior ou ben por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Baralla accesible a través do enlace https baralla.sedelectronica.es.
3.- O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a contar a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP.
4.- A presentación da solicitude de subvención fora do prazo establecido e a non utilización, no seu caso, do formulario normalizado de uso obrigatorio, serán causas de inadmisión da solicitude.
8.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR.
1.- A solicitude normalizada deberá estar asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal e debe acompañarse obrigatoriamente da seguinte documentación:
a DNI ou NIE acompañado de pasaporte no caso de autónomos.
No caso de pequenas empresas xuntarase copia do DNI do administrador ou apoderado e do CIF da persoa xurídica solicitante.
b Copia de escritura da entidade mercantil ou contrato privado da entidade sen personalidade xurídica. As entidades sen personalidade xurídica deberan achegar declaración asinada polos comuneiros ou socios conforme delegan a representación para solicitar a subvención e no seu caso, recibila nun dos comuneiros ou socio.
c Certificado actualizado de Situación Censal que indique a actividade económica coa súa data de alta, o domicilio fiscal ou no seu caso o do local de desenvolvemento da actividade.
d Resolución/certificación do alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
e Certificado do número de conta bancaria emitido pola entidade financeira para o ingreso da subvención.

Anuncio publicado en: Num BOP 130 año 2020 08/06/2020
05/06/2020 08:00:00
11:23:14

d Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social e en Facenda no momento da presentación da instancia.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/06/2020

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions