Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 130 luns, 8 de xuño de 2020

BOP Lugo
1.- OBXECTO DA PRESENTE CONVOCATORIA
O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Baralla, outorgando liquidez aos autónomos e ás empresas do concello para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
Preténdese protexer o interese xeral dos veciños de Baralla, prestando axudas ás persoas autónomas, microempresas e pequenas empresas, para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 e para que unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes unha reactivación da economía do noso municipio, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas.
O papel dos concellos na crise económica e de emprego que nos vai tocar vivir é clave porque a Administración do Estado e autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, exercendo as súas competencias en materia de desenvolvemento económico local e emprego mediante o deseño dunha estratexia de promoción económica capaz de identificar e valorizar os recursos e proceder á adaptación dos programas ás necesidades locais.
Ese rol que cumpren as estruturas locais de apoio ao desenvolvemento local e ao emprego, lonxe de invadir competencias ou producir duplicidade algunha, fan posible tamén a efectividade da dimensión local do emprego que apunta tanto a Lei Nacional de Emprego art. 4, R.D.L. 3/2015, como a Comisión Europea, que no seu documento de Actuación local a favor do emprego para unha estratexia europea do emprego define o ámbito local como aquel nivel que permite detectar as necesidades locais non satisfeitas polo que lonxe de ser un ámbito no que unicamente se poñan en práctica decisións adoptadas noutros ámbitos pode combinar diferentes instrumentos e desenvolver formas de dar valor engadido ás decisións tomadas en niveis superiores acadando un máis axeitado nivel de precisión en cada territorio.

1.- As presentes bases e convocatoria rexeranse, con carácter xeral, no non previsto nas mesmas, polo disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións en diante LXS e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo en diante RLXS e, supletoriamente, na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e calquera outra disposición normativa que pola súa natureza puidese resultar de aplicación.
2.- Así mesmo, están sometidas ao réxime de minimis, regulado polo Regulamento UE 1407/2013, de 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis DOUE L352 de 24 de decembro de 2013.
3.-A xestión destas subvencións suxeitarase aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como á eficacia no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.
3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO
A contía destinada a atender a estas subvencións ascende a un importe total de 40.000 € do vixente orzamento municipal, con cargo á aplicación orzamentaria 241.479.
Este crédito, por depender dun expediente de modificación orzamentaria, queda condicionado á efectiva dispoñibilidade do mesmo antes de proceder á concesión das axudas polos importes correspondentes.
Así mesmo, no caso de que finalizado o prazo de solicitude se tiveran presentado un número de solicitudes para o que non foran dabondo a contía inicialmente consignada, poderase ampliar o crédito.
4.- CONTÍA DAS AXUDAS
Con base no artigo 30.7 da LXS :
1.- Concederase unha contía fixa de 900 € , ás pequenas empresas autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, cando a actividade que viñesen desenvolvendo se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD
463/2020 de 14 de marzo.
2.- A contía fixa de 900 € á que se refire o parágrafo anterior incrementarase na cantidade de 200 € por cada epígrafe, no suposto en que se dera o caso de que unha mesma empresa estivera dada de alta en mais de un epígrafe que se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.
3.- Concederase unha contía fixa de 500 € as pequenas empresas autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia que non se viran afectados polo peche de establecementos disposto no RD
465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, sempre e cando sufriran unha redución do 50% da súa facturación durante o período comprendido entre o 14 de marzo e o 11 de maio de 2020 con relación á media do último ano natural, 2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 130 año 2020 08/06/2020
05/06/2020 08:00:00
11:23:14

2.- NORMATIVA APLICABLE.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/06/2020

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions