Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 1 DE XUÑO DE 2020

N.º 124

CONCELLOS
LÁNCARA
Anuncio Por resolución de alcaldía de 26 de maio de 2020, acordouse continuar co procedemento de selección dun/ha funcionario/a de carreira, Administrativo/a deste Concello mediante concurso oposición libre correspondente á oferta de emprego público de 2019.
A terceira proba da fase de oposición terá lugar o vindeiro día 10 de xuño de 2020, ás 9.30 horas, no Polifuncional do Campo da Feira de A Pobra de San Xiao do Concello de Láncara.
A consulta do texto íntegro da resolución pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello https:/lancara.sedelectronica.gal.
Láncara, 26 de maio de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.

MONDOÑEDO
Anuncio Rendida a Conta Xeral para o exercicio 2019 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o dia 26 de maio do 2020, a mesma, xunto co ditamen e documentos que a xustifican exponse ao público na Secretaría-Intervención municipal, polo prazo de 15 días hábiles que computaranse a partires do día seguinte da publicación do seguinte anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales e oito máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundidio da Lei Reguladora das Facenda Locais.
Mondoñedo, 27 de maio de 2020.- O Alcalde, Manuel Ángel Otero Lugide.
R. 0950

Anuncio Aprobación das bases reguladoras das axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de mondoñedo, para paliar os efectos do coronavirus covid-19
O Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 29 de maio de 2020, acordou a aprobación das bases reguladoras das axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de mondoñedo, para paliar os efectos do coronavirus covid-19.
Dando cumprimento ao acordo plenario, procédese á publicación íntegra das mesmas para xeral coñecemento. As bases están expostas no taboleiro de edictos do concello e na páxina web municipal.
Mondoñedo, 1 de xuño de 2020.- O alcalde, Manuel Ángel Otero Legide BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO TERMO MUNICIPAL
DE MONDOÑEDO, PARA PALIAR OS EFECTOS DO CORONAVIRUS COVID-19
1.- Obxecto da presente convocatoria.
O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Mondoñedo, outorgando liquidez os autónomos e as empresas do concello para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.

Anuncio publicado en: Num BOP 124 año 2020 01/06/2020
29/05/2020 08:00:00
11:14:55

R. 0943

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/06/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions