Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 6 DE XUÑO DE 2020

N.º 129

CONCELLOS
CHANTADA
Anuncio Por Resolución desta Alcaldía, de data 01/06/2020, aprobaronse as bases para a selección e contratación de dous auxiliares da policía local no ano 2020 que se transcriben a continuación:
BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN
AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL DURANTE SEIS MESES NO ANO 2020.

DE DOUS

BASES XERAIS
PRIMEIRO.- OBXECTO DAS BASES XERAIS.

O persoal seleccionado prestará servizos, de carácter temporal, no Concello de Chantada, sendo o seu cometido levar a cabo as tarefas propias de cada posto e que se desenvolven nas bases específicas.
As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, así como no Taboleiro de edictos de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web municipal: www.concellodechantada.org e nun diario de maior tirada de Galicia.
Estas Bases son Xerais, polo cal acudirase a cada convocatoria concreta e específica regulada a través das Bases Específicas.
SEGUNDO.- NORMAS DE APLICACIÓN.
Serán de aplicación a Lei 7/85, de 2 de abril, Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, por o que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réximen local, o Real Decreto 861/86, de 25 de abril, por o que se regula o réximen de retribucións dos funcionarios da Administración Local, o Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, en aqueles preceptos que manteñan a súa vixencia, o Real Decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Lei 2/2015, de 29 de abril de emprego público de Galicia, e a Lei 53/1984, de 26 de diciembre, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas; o Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade autónoma de Galicia en materia de igualdade. E de forma supletoria, serán de aplicación o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da administración xeral do estado, na Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, no Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, na Orde de 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e movilidade nos Corpos de Policías Locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada; así como demais normativa de aplicación.
TERCEIRO.- REQUISITOS XERAIS QUE DEBEN CUMPRIR OS/AS ASPIRANTES.
Para formar parte nas probas de selección, será necesario:
A Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
Poden acceder ao emprego público como persoal laboral en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:

Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2020 06/06/2020
05/06/2020 08:00:00
11:35:34

As presentes bases teñen por obxecto establecer as normas e procedemento xenérico para a selección de dous/dúas auxiliares de policía local durante un período de seis meses no ano 2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/06/2020

Page count38

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions