Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 22 DE XUÑO DE 2020

N.º 142

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico experimental NED 1 Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV, sito no Concello da Pastoriza Lugo e promovido por Norvento Tecnología, S.L.
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento Tecnología, S.L. anteriormente, Norvento Energía Distribuida, S.L., en relación coa autorización de construción, así como coa declaración de utilidade pública do parque eólico experimental NED 1 Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV, constan os seguintes
Primeiro. O 23.12.2016, Norvento Energía Distribuida, S.L. en adiante, o promotor presentou ante esta dirección xeral a solicitude de autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico experimental NED 1 Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV.
Segundo. O 24.1.2017, o promotor presentou a Relación de Bens e Dereitos Afectados incluída no documento Declaración utilidad pública. Proyecto de ejecución del parque eólico experimental NED 1 Fase y línea de evacuación. Enero 2017.
Terceiro. O 24.1.2017, o promotor solicitou ante esta dirección xeral o recoñecemento de parque eólico experimental con alto compoñente en I+D+i para o parque eólico experimental NED 2 MW.
Cuarto. O 22.2.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas emitiu resolución pola que se recoñece a condición de parque eólico experimental con alto compoñente en I+D+i ao parque eólico experimental NED 2 MW.
Quinto. Por Resolución do 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico experimental NED 1
Fase 200 kW e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión 20 kV, sito no Concello da Pastoriza Lugo.
A citada resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 1.6.2017, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 9.5.2017, e no xornal El Progreso do 11.5.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado, da xefatura territorial e desta dirección xeral.
A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública por, José Mel Redondo, o 22.5.2017 e o 24.5.2017; María Beatriz Ovalle Neira, o 24.5.2017; Valentín Rivas García, o 26.5.2017; Manuel Nieto López, o 1.6.2017:
-

Solicitudes de desprazamento dos apoios 14, 16 e 17 da liña eléctrica de evacuación. O 8.6.2017 e o 22.6.2017, o promotor indicou que atenderá ao desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17.

-

Existencia de erros na Relación de Bens e Dereitos Afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das fincas afectadas e coas superficies afectadas.

Sexto. O 17.4.2017, a dirección xeral remitiulles, a fin de obter os correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos: Concello da Pastoriza, Retegal, S.A., Deputación Provincial de Lugo, Cellnex Telecom, S.A. e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Sétimo. O 18.5.2017, o Concello da Pastoriza informou que non vai establecer ningún condicionado técnico. O
8.6.2017, o promotor manifestou a súa conformidade.
Oitavo. O 23.5.2017, Retegal, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico. O promotor achegou a súa resposta o 8.6.2017.

Anuncio publicado en: Num BOP 142 año 2020 22/06/2020
19/06/2020 08:00:00
14:09:28

ANTECEDENTES DE FEITO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/06/2020

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions