Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 5 DE XUÑO DE 2020

N.º 128

CONCELLOS
NEGUEIRA DE MUÑIZ
Anuncio Formada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a conta xeral correspondente ao exercicio 2019 , exponse ao público polo prazo de quince días ,contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O. da Provincia.
Durante o dito prazo e oito días máis, os interesados poderán examinalas e formular as reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes, de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
Negueira de Muñiz,28 de maio de 2020.- O Alcalde, José Manuel Braña Pereda.

PEDRAFITA DO CEBREIRO
Anuncio O Pleno do Concello de Pedrafita do Cebreiro en data 12 marzo de 2020, acordou aprobar definitivamente o Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais do Concello de Pedrafita do Cebreiro, confeccionado pola Sociedade mercantil pública autonómica, Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A
Seaga, asinado por D. Pablo Arbones Maciñeira Enxeñeiro de Montes Nº de colexiado 2171, e D. Carmen Paz López Enxeñeira Técnica Forestal Nº de colexiado 1265, co texto que se transcribe:
PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DO CONCELLO DE PEDRAFITA
DO CEBREIRO
MEMORIA
1 INTRODUCCIÓN
1.1 Antecedentes e xustificación O monte constitúe un patrimonio esencial para o desenvolvemento sustentable de Galicia, onde os terreos de monte constitúen máis do 65% da súa superficie e onde integrados con eles hai 313 concellos cuns 31.550
núcleos de poboación.
Mais o importante valor que o monte desempeña para a nosa sociedade no seu conxunto vén sendo ameazado pola propagación de incendios forestais, afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que se desenvolven nel.
Esta situación débenos facer conscientes de que os incendios forestais no medio rural constitúen unha grave ameaza para calquera política de desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia.
Os terreos forestais e as súas zonas de influencia teñen unha configuración específica que dificulta a súa protección contra os incendios forestais; entre outras, estas características son a fragmentación da propiedade, o desequilibrio entre zonas, o abandono da agricultura, a gandaría extensiva sen control e a progresiva transformación das parcelas agrícolas fragmentadas en terreos de monte, o que deu lugar a unha progresiva desorde do territorio incrementando a ameaza derivada dun incendio forestal.
O Estatuto de autonomía de Galicia no artigo 27.10 e a Constitución de 1978 nos artigos 148.1.8 e 149.1.23
determinan o marco normativo xeral de referencia en materia de prevención e incendios forestais. A Lei 43/2003, de 21 de novembro, de montes, atribúe á Comunidade Autónoma a facultade para desenvolver os aspectos de defensa contra incendios forestais dotando dun marco regulador lexislativo que contribúe a
Anuncio publicado en: Num BOP 128 año 2020 05/06/2020
04/06/2020 08:00:00
12:05:31

R. 0977

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/06/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions