Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 067 luns, 23 de marzo de 2020

BOP Lugo
f Os aspirantes que padezan minusvalía deberán facelo constar expresamente na instancia.
g Estar en posesión do título académico esixido nas bases xerais e específicas para ingresar no emprego de referencia na data en que remate o prazo de presentación de instancias, ou en disposición de obtelo, neste caso Graduado en ESO ou equivalente homologado.
h Estar en posesión do Celga 2, da lingua galega, ou equivalente homologado.
i Para poder optar a este posto o candidato/a provirá de situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada criterio incluído nas bases reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2019, no que respecta ao programa de Fomento do Emprego para o período 2019-2020, publicadas no BOP núm. 52 do 2 de marzo de 2019.
j Non estar condenado/a mediante sentencia firme por delitos de índole sexual.
QUINTA.FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo convocado, deberano facer constar mediante unha instancia, modelo Anexo I, dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, na que manifestarán, ademais dos datos persoais co enderezo, a denominación do emprego ao que optan e que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria.
2. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
3.As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo ou mediante algunha das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Cómpre que o Concello teña constancia da presentación desta documentación no prazo en que remata o día de presentación de instancias.

.- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, compulsada por ámbalas caras.
.- Fotocopia compulsada da Titulación mínima ou certificación acreditativa de telas superada.
.- Fotocopia compulsada do certificado Celga 2 ou equivalente.
.- Fotocopia da Vida Laboral coa fin de comprobar que o/a candidato/a proven de desemprego ou de mellora de emprego, coas limitacións indicadas na base cuarta apartado i.
.- Fotocopia compulsada da tarxeta de demandante de emprego ou documento análogo Informe de situación administrativa da oficina de emprego que acredite a situación de desemprego ou mellora de emprego con data actual.
.- Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos alegados para a súa valoración na fase de concurso esta documentación non será excluínte para a confección da lista provisional de admitidos e excluídos. A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse.
SEXTA.- ADMISIÓN DE SOLICITUDES
1.- Rematado o prazo para presentar as instancias o Alcalde ditará resolución comprensiva que conterá:
- a lista provisional de admitidas/os e excluídas/os coa especificación do motivo de exclusión.
- a designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución.
- a data, hora e lugar en que se realizará a valoración de méritos e a fase de oposición, debendo transcorrer cando menos 24 horas entre a publicación e a data de realización das probas.
Esta resolución publicarase de xeito íntegro no taboleiro de anuncios do Concello.
2.- Durante os dous días hábiles seguintes á publicación da lista provisional de admitidos e excluídos, unicamente os/as excluídos/as poderán solicitar a subsanación de erros e presentar reclamacións á lista provisional. Quen non presentara a solicitude de subsanación ou reclamación no prazo indicado, decaerá do seu dereito sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes.
No caso de non haber excluídos, a lista provisional elevarase a definitiva automaticamente.
3.- Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante Resolución pública de Alcaldía, no taboleiro de anuncios, aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.

Anuncio publicado en: Num BOP 67 año 2020 23/03/2020
20/03/2020 08:00:00
11:52:02

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/03/2020

Page count9

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions