Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 6 DE MARZO DE 2020

N.º 054

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Lara Rodríguez Gasalla solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.63032.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 27 de febreiro de 2020.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0504

CONCELLOS
CERVO
Anuncio Por acordo do Pleno de data 28 de novembro de 2019, aprobouse definitivamente o Estudo de Detalle do Casco Antigo do Núcleo de Cervo Lugo, Concello de Cervo, que ten por obxecto completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes na rúa da Aldea ao carecer o planeamento vixente do grado de definición requirido para acometer a concesión directa de licencias.
En cumprimento do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia e 199 do seu regulamento, publícase a continuación o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do Estudo de Detalle definitivamente aprobados.
MEMORIA EXPLICATIVA
O ÁMBITO DO ESTUDO DE DETALLE
O concello de Cervo está situado ó noroeste da provincia de Lugo, no extremo norte da comunidade autónoma de Galicia. Forma parte da comarca da Mariña Occidental, xunto cos concellos de O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
O concello limita ao norte co Mar Cantábrico, ao oeste co concello de Xove, ao leste cos concellos de Burela e Foz e ao sur co concello de O Valadouro.
Ten unha superficie de 77,86 km2, repartidos en 6 parroquias; Castelo San Xiao, Cervo Santa María, Lieiro Santa María, Rúa Santa María, Vilaestrofe San Román e Sargadelos Santiago.
MEMORIA XUSTIFICATIVA
CONVENIENCIA DA REDACCIÓN DO PRESENTE ESTUDO DE DETALLE
En aplicación da Disposición transitoria primeira da LSG ao planeamento aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor de dita lei e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, conservará a súa vixencia ata a súa revisión ou adaptación á mesma, conforme ás seguintes regras:

Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2020 06/03/2020
05/03/2020 08:00:00
13:49:15

As obras solicitadas consisten na reparación dunha canle existente de derivación de augas do río Baos; no lugar das Plazas, na parroquia de Santa María de Lourenzá, no concello de Lourenzá Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/03/2020

Page count13

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions