Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2020

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 23 DE MARZO DE 2020

N.º 067

CONCELLOS
MONDOÑEDO
Anuncio Que a Alcaldía-Presidencia o día 9 de marzo de 2020 ditou a seguinte resolución, que literalmente se transcribe:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN, POR CONCURSO-OPOSICIÓN, DE PERSOAL LABORAL
TEMPORAL, DE UN AXUDANTE DE ANIMADOR CULTURAL, DEPORTIVO E SOCIAL PARA A COLABORACIÓN
NO SERVIZO DE CULTURA, DEPORTE E SERVIZOS SOCIAIS PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019

Vista a memoria do Alcalde-Presidente que xustifica a necesidade inaprazable, urxencia, necesidade e prioridade de realizar un proceso selectivo, por concurso, de persoal laboral temporal para a contratación de 1 emprego de AXUDANTE DE ANIMADOR CULTURAL, DEPORTIVO E SOCIAL para a colaboración no Servizo de Cultura, Deporte e Servizos Sociais a tempo parcial 50% xornada por un período de 6 meses.
Vistas as bases reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2019, no que respecta ao programa de Fomento do Emprego para o período 2019-2020, publicadas no BOP núm. 52 do 2 de marzo de 2019.
Considerando que o Concello de Mondoñedo, en sesión plenaria de carácter extraordinario levada a cabo o 13
de maio de 2016 acordou, de xeito unánime, recoñecer como servizo prioritario a Promoción do Deporte e Instalacións Deportivas e de Ocupación do Tempo Libre, ante a imposibilidade de convocar unha Xunta de Goberno Local, RESOLVE:
Primeiro.- Avogar a competencia de forma puntual co único obxecto de aprobar a convocatoria para a selección, mediante o sistema de concurso-oposición de 1 emprego de persoal en réxime laboral temporal a tempo parcial 50% xornada por un período de 6 meses, na seguinte categoría: axudante de animador cultural, deportivo e social para a colaboración no servizo de cultura, deporte e servizos sociais.
Segundo.- Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria que se xuntan como anexo ao expediente.
Terceiro.- Darlle publicidade a esta convocatoria a través de anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mondoñedo https mondonedo.sedelectronica.gal.
Cuarto.- Dar conta, a efectos de ratificación a Xunta de Goberno Local na vindeira sesión que se celebre.
Quinto.- Dar conta ao Pleno na vindeira sesión que se celebre.
Mondoñedo, 9 de marzo de 2020.- O alcalde-presidente, Manuel Ángel Otero Legide, ante min, A secretariainterventora, Ana Isabel Candame Areosa.
BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN, POR CONCURSO-OPOSICIÓN DE UN AXUDANTE DE ANIMADOR
CULTURAL, DEPORTIVO E SOCIAL, PERSOAL LABORAL TEMPORAL, PARA A COLABORACIÓN NO SERVIZO DE
CULTURA, DEPORTE E SERVIZOS SOCIAIS PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019
PRIMEIRA.OBXECTO
É o obxecto da presente convocatoria realizar a selección mediante concurso-oposición de persoal laboral temporal, mediante un contrato por obra/servizo determinado 1 emprego de AXUDANTE DE ANIMADOR
CULTURAL, DEPORTIVO E SOCIAL, a tempo parcial 50% xornada por un período máximo de 6 meses e no caso de que se retrase esta contratación, o último día de contrato será o 30 de setembro de 2020, que se realiza ao abeiro das bases reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2019, no que respecta ao
Anuncio publicado en: Num BOP 67 año 2020 23/03/2020
20/03/2020 08:00:00
11:52:02

Vista a providencia da alcaldía que incoa o expediente para o proceso de selección, por concurso-oposición, de persoal laboral temporal para a colaboración na área de Cultura, Deporte e Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo: 1 axudante de animador cultural, deportivo e social Programa Fomento do Emprego 2019.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/03/2020

Page count9

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones