Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 31 DE MARZO DE 2020

N.º 074

CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio Faise público para xeral coñecemento, que esta alcaldía con data do 18 de marzo de 2020, resolveu:
Primeiro.-Avocar as competencias conferidas por esta alcaldía á Xunta de Goberno Local, por Decreto 81/2019, do 15 de xullo.
Segundo.- Esta avocación terá efectos durante o período de vixencia do Estado de alarma e a súa posible prórroga, quedando automaticamente revocada ao finalizar o mesmo, sen máis trámite.
Castroverde, 24 de marzo de 2020.- O Alcalde, Xosé María Arias Fernández.

MONTERROSO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 24/03/2020, aprobáronse os Padróns Tributarios das taxas pola prestación do servizo de augas, sumidoiro e depuración, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondentes ao 1º trimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario desde o día 1 de abril de 2020 ao 25 de maio de 2020.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a éste, poderase formular recurso de reposición ante este órgano, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Monterroso, 24 de marzo de 2020.- O alcalde, Antonio E. Gato Soengas.
R. 0677

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 74 año 2020 31/03/2020
26/03/2020 08:00:00
10:28:00

R. 0676

    About this edition

    Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/03/2020

    TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

    CountrySpain

    Date31/03/2020

    Page count1

    Edition count3280

    First edition01/03/2013

    Last issue18/04/2024

    Download this edition

    Other editions