Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 9 DE MARZO DE 2020

N.º 056

CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o día 18 de febreiro de 2020, as bases específicas para a concesión de subvencións para a realización de obras e actividades culturais e deportivas por parte de comunidades, agrupacións ou asociacións do Concello de Castroverde, faise público que o prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Igualmente faise público que a documentación atópase a disposición dos interesados nestas oficinas municipais e na páxina web do Concello.
Castroverde, 3 de marzo de 2020.- O Alcalde, Xosé María Arias Fernández.

CERVO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 28 de febreiro de 2020, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de xaneiro de 2020 das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, da Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil Municipal e da Piscina Municipal así como o correspondente ás ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais, escolas deportivas municipais e os padróns correspondentes ao 6º bimestre de 2019 das taxas polos Servizos de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento.
Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante o Padrón.
O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende o do 9 de marzo ao 11 de maio de 2020. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, este esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor. No caso do canon da auga, esta falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello.
Cervo, 28 de febreiro de 2020.- O Alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
R. 0529

Anuncio publicado en: Num BOP 56 año 2020 09/03/2020
06/03/2020 08:00:00
12:29:44

R. 0528

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/03/2020

Page count8

Edition count3278

First edition01/03/2013

Last issue16/04/2024

Download this edition

Other editions