Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 067 luns, 23 de marzo de 2020

BOP Lugo
programa de Fomento do Emprego para o período 2019-2020, publicadas no BOP núm. 52 do 2 de marzo de 2019.
Baixo a coordinación do Alcalde-Presidente ou Concelleiro/a en quen delegue, a persoa seleccionada desempeñará as súas funcións vinculadas á Área de Cultura, Deporte e Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo.
SEGUNDA. NORMATIVA APLICABLE
A este proceso selectivo de CONCURSO-OPOSICIÓN, seralle de aplicación o previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril do Emprego Público de Galicia, así como o disposto no artigo 61 do Estatuto Básico do Empregado Público en adiante EBEP, aprobado polo Real Decreto 5/2015, do 30 de octubre polo que se aproba o Texto Refundido do EBEP.

-

Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas de Reforma para a Función Pública.

-

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

-

Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

-

Decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aproba o Regulamento Xeral de Ingreso de Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

-

Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección de funcionarios de Administración Local.

-

Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

-

Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia.

-

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

-

Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.

-

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

-

Demais disposicións aplicables.

TERCEIRA. MODALIDADE E DURACIÓN DO CONTRATO
O modelo de contrato de traballo a utilizar será o de obra/servizo determinado.
O réxime xurídico da relación será de carácter laboral.
A xornada de traballo será a xornada parcial 50% xornada, de luns a domingo, por un período máximo de 6
meses, cos descansos establecidos na lexislación vixente.
A retribución mensual bruta, incluída a parte proporcional de paga extraordinaria e o plus de transporte será de 632,14 euros, aínda que o salario liquidarase mensualmente e a parte proporcional da paga extraordinaria, en relación ao tempo traballado, no mes de xuño e á finalización do contrato.
CUARTA. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Con carácter xeral, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, na data en que remate o prazo de presentación de instancias para poder tomar parte nas probas de selección:
a Ter nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público.
b Ter cumpridos dezaseis anos.
c Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desenvolvemento das funcións do emprego.
d Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Non atoparse incurso nas causas de incompatibilidade ou incapacidade que determine a lexislación vixente.

Anuncio publicado en: Num BOP 67 año 2020 23/03/2020
20/03/2020 08:00:00
11:52:02

No non previsto nas presentes bases, tamén será de aplicación:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/03/2020

Page count9

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions