Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 065 venres, 20 de marzo de 2020

BOP Lugo
- Modalidade de xestión das actividades formativas.
- Institución responsable da impartición Artigo 87. Acceso a formación.
1. Tódolos empregados do concello de Ribadeo deberán ter a posibilidade de acceder aos plans de formación continua, así como a plans agrupados que engloben a esta administración local.
2. Nos plans de formación recolleranse primordialmente accións de formación que teñan unha alta demanda e que non se solapen con accións xa desenvolvidas ou que poidan ser realizadas noutra administración.
Á vista da regulación recollida no convenio de persoal laboral e acordo regulador de condicións de traballo dos funcionarios, proponse establecer unhas mínimas normas que regulen e garantan o acceso do persoal municipal a accións formativas:
1. O Concello de Ribadeo comprométese a manter unha dotación anual de 3.000,00 euros na aplicación 221.162000 destinada a formación do persoal 2. O Concello de Ribadeo comprométese tamén a ter dotados no seu orzamento anual, a través das aplicacións 23100 e 23020, o importe preciso para facer fronte ás indemnizacións para o persoal que precise desprazarse para realizar cursos de formación
4. Para a realización dos cursos deberá darse prioridade a aqueles que se desenvolvan a través das diferentes administracións públicas nos seus plan de formación anual ou a través de organismos sindicatos, etc. que subscriban convenios con estas para formación de persoal. O concello proporcionará a través dos responsables de cada departamento información sobre estes cursos cando sexan convocados polas distintas administracións e entidades.
5. Soamente no caso de que se acredite de xeito suficiente a non existencia de cursos de natureza pública para unha determinada área ou materia, será posible a realización a través de organismos privados.
6. Para o caso de que o curso/actividade supoña un custo para o concello, e en aras de garantir a maior eficiencia nos recursos públicos asignados e a garantía de que estes abrangan ao maior número posible de persoal, fíxanse as seguintes regras:
a Deberá solicitarse por escrito a través dos modelos normalizados elaborados ao efecto, xustificando a relación directa coas actividades a desempeñar, a inexistencia de formación gratuíta de natureza pública ou privada sobre a materia e o custo total que suporá ao concello b Terán prioridade aqueles traballadores que non realizaran ningún curso oneroso nas tres anteriores anualidades, para o que se deberá levar un rexistro desta natureza a través do departamento de persoal c O importe a satisfacer polo concello non excederá nunca do 70% do importe da matrícula, ou en todo caso do importe de 400,00 euros por curso d O importe achegado polo concello no seu caso será aboado ao traballador a través da nómina do mes que corresponda, debendo xustificar no prazo de 5 días dende a realización da matrícula o aboamento completo desta, coa documentación oportuna.
7. Unha vez realizadas as actividades de formación, deberá procederse á xustificación da súa realización a través dos certificados expedidos pola entidade que realizou a actividade formativa. Se se solicitaron tamén indemnizacións asociadas ao curso, por terse realizado fóra do concello, deberán achegarse á súa vez os xustificantes oportunos de acordo co recollido no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio.
Ribadeo, 9 de marzo de 2020.- O ALCALDE, FERNANDO SUAREZ BARCIA.
R. 0640

O VICEDO
Anuncio EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO
Por resolución da Alcaldía de 9 de febreiro de 2020, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de xaneiro de 2020 do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.

Anuncio publicado en: Num BOP 65 año 2020 20/03/2020
18/03/2020 08:00:00
11:58:49

3. Os traballadores municipais, para garantir o seu dereito e deber de formación recollido no convenio de persoal e acordo regulador, deberán realizar cando menos un curso cada tres anos que teña relación directa coas funcións e traballos que desempeña, para o que se levará un rexistro a través do departamento de persoal.
Na autorización para a realización dos cursos teranse en conta as necesidades do servizo, de xeito que se irán concedendo por orde de solicitude, de xeito que non se produza menoscabo na prestación dos distintos servizos no caso de que teñan lugar en horario de traballo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/03/2020

Page count5

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions