Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 054 venres, 6 de marzo de 2020

BOP Lugo
Con carácter xeral mantéñense as tipoloxías con patios, hortas ou xardíns privados vinculados a construcións tradicionais, de xeito exento ou apegado.
c ALIÑACIÓNS E RASANTES
Con carácter xeral mantéñense as aliñacións e rasantes actuais, salvo os reaxustes nas aliñacións grafadas no plano EDO-1, conservando en todo caso os muros tradicionais existentes como parte identificativa do entorno.
Estas aliñacións terán a consideración de aliñacións oficiais.
Para as edificacións existentes as liñas de edificación interior e exterior mantéñense.
Nas novas edificacións nas que se aplique a tipoloxía apegada, as liñas de edificación exterior e interior equipararanse ás das edificacións colindantes. Na tipoloxía exenta, a liña de edificación exterior situarase como mínimo a 3 metros da aliñación oficial.
d OCUPACIÓN MÁXIMA
Tipoloxía apegada A ocupación da parcela virá definida polas aliñacións exteriores e pola liña de edificación interior definida no apartado anterior.
Tipoloxía exenta A ocupación máxima da parcela será do 30 %.
A edificación recuarase de tódolos lindeiros un mínimo de 3 metros.
e CONDICIÓNS DE VOLUME

Para as edificacións existentes respéctanse as alturas actuais. Para as novas edificacións permitidas por aplicación desta ordenanza, a altura de cornixa deberá equipararse ás das edificacións tradicionais existentes, e en ningún caso superará os 7 metros, equivalentes a baixo e planta.
A liña de cornixa e plantas será continua e igual para tódalas edificacións dun mesmo fronte non permitíndose actuacións de altura inferior á máxima.
VOOS
Con carácter xeral unicamente se autorizan os voos correspondentes a cornixas e aleiros.
As cornixas serán coherentes coas tradicionais do entorno.
Poderán autorizarse voos para a formación de galerías ou balcóns de carácter tradicional, cando se xustifique a súa existencia na rúa onde se sitúe a nova edificación. Neste caso o saínte do voo equipararase aos dos colindantes, non superando os 30 cms.
f SOTOS E SEMISOTOS
Nas novas edificacións permítese a construción de sotos ou semisotos cando existan nas edificacións colindantes e/ou cando a súa construción permita unha mellor adaptación da edificación á topografía do terreo.
Autorízanse sotos e semisotos cumprindo as condicións seguintes:
Terá a consideración de soto a planta da edificación, situada por debaixo doutra planta, na cal a cara inferior da placa que forma o seu teito queda por debaixo do nivel da rasante en calquera punto das súas fachadas, excluíndo o punto en que se sitúe o acceso cando o uso deste sexa aparcadoiro, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada, nin máis de 6 metros, admitíndose esta excepción unicamente nunha das fachadas do edificio.
Considerarase semisoto aquela planta da edificación situada por debaixo da planta baixa, na cal a distancia vertical desde a cara superior da placa que forma o seu teito ata o nivel de rasante é igual ou inferior a 1 metro en calquera punto das súas fachadas, excluíndo o punto en que se sitúe o acceso cando o seu uso sexa aparcadoiro, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada nin máis de 6 metros, admitíndose esta excepción unicamente nunha das fachadas do edificio.
A altura libre entre pavimento rematado e teito estará comprendida entre 2,20 metros e 3,00 metros, ambas inclusive.
Prohíbese en todo caso o uso residencial en sotos e semisotos artigo 43.1 da lei 2/21016, do solo de Galicia.
Terán ventilación suficiente que segundo os usos verá determinada polo DB-HS 3 Calidade do aire interior do CTE.
Garantirase a impermeabilización e estanquidade dos mesmos segundo se establece no DB-HS 1 Protección fronte a humidade do CTE, debéndose establecer esta obriga na primeira e sucesivas transmisións da propiedade.
De conformidade co establecido no artigo 41.4.a da lei 2/21016, do solo de Galicia, as plantas soto e semisoto computarán edificabilidade, coa única excepción das superficies construídas no subsolo con destino a rochos de
Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2020 06/03/2020
05/03/2020 08:00:00
13:49:15

ALTURAS DE EDIFICACIÓN

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/03/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions