Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 054 venres, 6 de marzo de 2020

BOP Lugo
a Ao solo urbano que reúna as condicións establecidas no artigo 17.a da LSG, aplicaráselle o disposto na mesma para o solo urbano consolidado.
b Ao solo urbano que reúna as condicións establecidas no artigo 17. b da LSG, aplicaráselle o disposto na mesma para o solo urbano non consolidado.
O artigo 17 da LSG establece as diferentes categorías do solo urbano.
a Solo urbano consolidado, integrado polos terreos que reúnan a condición de solar ou que, polo seu grao de urbanización efectiva e asumida polo plan urbanístico, poidan adquirir dita condición mediante obras accesorias e de escasa entidade que poidan executarse de forma simultánea coas de edificación.
b Solo urbano non consolidado, integrado pola restante superficie de solo urbano As parcelas integrantes do ámbito do plan especial teñen acceso rodado de uso público e conexión coas redes de servizos e infraestruturas existentes reunindo as características de solar. Polo que o ámbito se clasifica como solo urbano consolidado.
A LSG establece no seu artigo 79, que os estudos de detalle poderán formularse en desenvolvemento dos plans xerais, plans parciais e plans especiais coa finalidade de completar ou reaxustar as aliñacións e as rasantes como é caso que nos ocupa.
O contido do presente ESTUDO DE DETALLE axústase ao disposto no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da LSG art.193.
PROPOSTA DE ORDENACIÓN

O ámbito do ESTUDO DE DETALLE conta cunha superficie total de 37.030 m2, dos cales se propón destinar a viario un total de 3.201 m2. A delimitación proposta no plano de ordenación EDO-01, trata de respectar as edificacións e peches tradicionais existentes, características do entorno, así como o espazo libre existente na Praza Souto.
Tampouco modifica a ordenanza dotacional existente ao noroeste do ámbito.
DISTRIBUCIÓN DE SUPERFICIES
ZONA

ORDENANZA DE APLICACIÓN

SUPERFICIE

ZONA 1

Casco antigo CA

28.017

ZONA 2

Dotacional D1

1.173

ZONA 3

Sistema viario
6.157

ZONA 4

Espazo libre
1.798

TOTAL

37.030

En tal sentido, a proposta de ordenación dá resposta ao obxectivo único do ESTUDO DE DETALLE e, mantendo o carácter tradicional do casco antigo, aporta a definición necesaria ás aliñacións existentes no seu no interior.
CONDICIÓNS DE EDIFICACIÓN
O presente apartado contén as condicións pormenorizadas de aplicación ás edificacións situadas no ámbito do presente Estudo de Detalle.
OBRAS PERMITIDAS
Nas edificacións existentes permítense obras de restauración, conservación, consolidación e rehabilitación.
Admítense obras de nova planta, unicamente cando se trate de colmatar soares baleiros ou por substitución da edificación en casos de ruína.
CONDICIÓNS DE POSICIÓN E OCUPACIÓN
a PARCELA MÍNIMA
Con carácter xeral manterase a estrutura parcelaria actual, porén, previo informe e vinculante da Consellería de Cultura, admítese a agregación de parcelas colindantes e en número máximo de dúas, cando algunha delas conte cunha fronte igual ou inferior a 4 metros, ou cando tendo fronte superior, a superficie non acade os 40 m2.
b TIPOLOXÍA

Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2020 06/03/2020
05/03/2020 08:00:00
13:49:15

A necesidade de acometer a concesión directa de licenzas unha zona do núcleo urbano de Cervo, na que o planeamento vixente carece do grado de detalle suficiente, fai preciso a elaboración dun Estudo de Detalle sobre aliñacións e rasantes, tal e como contempla a ordenanza de aplicación na zona.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/03/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions