Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 280 sábado, 7 de decembro de 2019

BOP Lugo
Artigo 7. Dos órganos complementarios.
1.- Son órganos complementarios da organización do Concello as Comisións Informativas creadas polo Pleno, a Xunta de Portavoces, as Comisións Especiais e as Comisións de Investigación.
2.- As Comisións Informativas de estarán integradas pola Alcaldía-Presidencia máis os membros que designen os distintos grupos políticos que forman parte da Corporación proporcionalmente á súa representatividade no Concello ou igual para cada grupo, e cuxo caso se aplicará o sistema de voto ponderado.
No caso de existir grupo mixto, participarán nas comisións todas as persoas que o compoñan, sendo obrigatorio o sistema ponderado na emisión do voto. Integraranse tamén neste órgano os concelleiros e concelleiras que teñan a condición de non adscritos, nas mesmas condicións que as persoas do Grupo Mixto.
3.- A Xunta de Portavoces estará formada polo Alcalde ou Alcaldesa e polas portavocías dos Grupos municipais.
4.- As Comisións Especiais serán creadas por acordo do Pleno para o estudo de temas concretos de especial interese. A súa composición terá en conta os criterios establecidos para a Comisión Especial de Contas.
5.- As Comisións de Investigación crearanse por acordo do Pleno cando sexa precisa a investigación dalgún asunto concreto de especial gravidade ou relevancia. A súa composición terá en conta os criterios establecidos para a Comisión especial de contas.
Artigo 8. Dos restantes órganos do Concello.
1.- Son tamén órganos do Concello os Grupos municipais e as súas Portavocías.
2.- Á parte dos órganos citados, o Concello poderá dotarse doutros de carácter sectorial ou específico, como pode acontecer cos consellos municipais relacionados coa lingua ou coa participación veciñal. Estes órganos serán regulados pola normativa relativa a cada materia.
3.- Os Grupos municipais poderanse formar polos concelleiros e concelleiras que resultasen electos en cada unha das candidaturas con representación no Concello.

a O número mínimo dos seus membros será de dúas persoas.
b Os concelleiros e concelleiras elixidas en candidaturas que só tivesen un representante poderán constituirse en grupo propio se así o solicitan ao pleno. En caso contrario pasarán a integrar o Grupo mixto.
c As persoas dunha mesma candidatura non poderán formar máis dun Grupo municipal.
d Os concelleiros e concelleiras que non se integren no Grupo municipal da súa candidatura, ou que a abandonen, serán considerados non adscritos/as.
A consideración dun concelleiro ou concelleira como non adscrito/a non menoscabará, en ningún caso, os dereitos e obrigas que en canto a participación na organización municipal corresponde a todo concelleiro e concelleira, de acordo co artigo 20 da Lei 7/1985 de bases do réxime local.
Singularmente, os concelleiros e concelleiras non adscritos terán o dereito de asistir ás comisións informativas convocadas de acordo co previsto neste regulamento, e terán nelas dereito de voto.
As persoas que pasen a formar parte da Corporación con posterioridade á sesión constitutiva deberán incorporarse ao grupo correspondente á lista que propiciou a súa elección, ou, no seu caso, ao Grupo mixto. De non integrarse en ningún dos grupos existentes, adquirirán a condición de concelleira/o non adscrita/o.
4.- As Portavocías, e no seu caso os seus suplentes, serán elixidos polo Grupo municipal de entre as persoas que os compoñen. No Grupo mixto poderase considerar a todas as persoas que o componen como Portavoces, repartíndose os tempos de intervención ou actuando unha delas como portavoz conxunto, se así o decidiren.
5.- Os grupos políticos municipais constituiranse mediante escrito dirixido á Presidencia e subscrito por todas as persoas integrantes, que se presentará no Rexistro xeral do Concello dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación. Poderá outorgarse por parte da Alcaldía-Presidencia unha prórroga de tres días hábiles para tal efecto. Transcorrido ese novo prazo, de non constituírse en grupo, as concelleiras e concelleiros pasarán ao Grupo mixto.
6.- No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de Portavoz do Grupo municipal, podéndose designar cantas suplencias se desexe, por orde de designación. A Portavocía de cada Grupo será a encargada de intervir normalmente na deliberación dos asuntos. Nembargante, poderase matizar que por razóns das materias, se delegue a exposición dos asuntos, votos particulares etc., a favor de calquera membro do Grupo.
Da constitución dos grupos políticos, das persoas que os integran e das Portavocías, a Presidencia dará conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre.
7.- As modificacións respecto á Portavocía ou suplencias serán efectivas desde a presentación do escrito no Rexistro xeral. En consecuencia, na vindeira sesión plenaria que se celebre fixarase a toma de coñecemento como
Anuncio publicado en: Num BOP 280 año 2019 07/12/2019
05/12/2019 08:00:00
14:25:47

Á hora da súa configuración rexeranse polas seguintes indicacións:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/12/2019

Page count21

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031