Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 280 sábado, 7 de decembro de 2019

BOP Lugo
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 1. Potestade.
O Concello de Barreiros promove, por medio do presente Regulamento, a súa organización interna e funcionamento, no exercicio da potestade regulamentaria e de autoorganización que recoñece o artigo 4.1 a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local LBRL.
Artigo 2. Regulación orgánica.
As normas que contén este Regulamento orgánico e de funcionamento adaptan o disposto no Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais en diante ROF, ás peculiaridades do funcionamento do noso Concello e, no seu caso, completa aquilo non previsto na devandita disposición.
En consecuencia, no non previsto na presente norma, será de aplicación o ROF. Nembargantes, en caso de contradición, ten preferencia o establecido neste Regulamento Orgánico Municipal.
Artigo 3. Prelación de fontes.
A organización e o funcionamento dos órganos da Corporación réxense polas seguintes normas:
a A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local b A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia c O Regulamento orgánico da Corporación d O regulamento que desenvolva nesta materia a Lei de administración local de Galicia e O Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro
O Pleno da Corporación poderá aprobar tanto os regulamentos dos órganos complementarios do Concello, coma os regulamentos de participación veciñal, que terán o carácter de complementarios deste Regulamento orgánico.
Os regulamentos complementarios requiren o mesmo quórum ca este, e aprobaranse por idéntico procedemento.
TÍTULO I. ORGANIZACIÓN
Artigo 5. Dos órganos básicos de decisión.
1.- A organización do Concello de Barreiros ten como órganos básicos de decisión o Pleno do Concello, a AlcaldíaPresidencia, a Xunta de Goberno Local, as Tenencias da Alcaldía e as Concellerías delegadas.
2.- O Pleno do Concello constitúeno o Alcalde ou Alcaldesa e todas as concelleiras e concelleiros elixidos nas eleccións municipais. Trátase do máximo órgano do Concello.
3.- A Xunta de Goberno Local, presidida polo Alcaldía-Presidencia, estará integrada por un número de concelleiros e concelleiras, non superior ao terzo legal da corporación, concretado pola Presidencia. As persoas que forman parte da mesma son nomeadas e separadas libremente polo Alcalde ou Alcaldesa, dando conta ao Pleno do Concello.
4.- As Tenencias de Alcaldía son nomeadas e separadas polo Alcalde ou Alcaldesa entre as persoas que compoñen a Xunta de Goberno Local, dando conta ao Pleno para o seu coñecemento, sen prexuízo da súa inmediata executividade.
5.- As Concelleiras e Concelleiros con delegación son nomeadas e separadas libremente pola Alcaldía entre as persoas que compoñen a Corporación.
Artigo 6. Dos demais órganos básicos.
1.- Tamén é un órgano básico do Concello a Comisión Especial de Contas, prevista no artigo 116 da Lei reguladora das bases de réxime local.
2.- Esta comisión estará formada por un número máximo de cinco concelleiros e concelleiras, segundo estableza o Pleno.
Os seus postos serán asignados aos Grupos municipais segundo os seguintes criterios:
a Todos os grupos políticos con representación no Concello terán dereito a ter representación.
b Manterase a proporcionalidade ponderada que existe no pleno municipal, consonte os resultados das eleccións municipais.
c Garantirase a maioría absoluta do Goberno municipal, sempre que a teña no Pleno, mesmo aplicando o voto de calidade da Alcaldía.

Anuncio publicado en: Num BOP 280 año 2019 07/12/2019
05/12/2019 08:00:00
14:25:47

Artigo 4. Regulamentos complementarios.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/12/2019

Page count21

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031