Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 21 DE DECEMBRO DE 2019

N.º 292

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Aprobado incialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 19 de decembro de 2019, o presuposto xeral para o exercicio económico de 2020, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste concello, polo prazo de quince días hábiles, que comezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación.
Baralla, 20 de decembro de 2019.- O ALCALDE, Miguel González Piñeiro.

BECERREÁ
Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, o Orzamento Xeral para o exercicio económico do 2020 Expte nº 1286/2019 e a plantilla de persoal para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste Concello, por plazo de 15 días hábiles que empezarán a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse reclamacións que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente.
Becerreá, 19 de decembro de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 3851

MONTERROSO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 16/12/19, aprobáronse os Padróns Tributarios das taxas pola prestación do servizo de augas, sumidoiro e depuración, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondentes ao 4º trimestre do exercicio 2019, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario desde o día 1 de xaneiro de 2019 ao 21 de febreiro de 2019.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a éste, poderase formular recurso de reposición ante este órgano, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.

Anuncio publicado en: Num BOP 292 año 2019 21/12/2019
20/12/2019 08:00:00
11:05:45

R. 3857

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/12/2019

Page count11

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031