Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 16 DE DECEMBRO DE 2019

N.º 287

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA.
SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
CLAVE: DH.V27.57484
DISCOSTA NORTE, S.L., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para o vertido por infiltración no terreo cunca da costa de Lugo entre Ribadeo e Foz dun caudal máximo de 1.092 m3/ano de augas residuais industriais depuradas e dun caudal máximo de 288 m3/ano de augas residuais domésticas depuradas, todas elas procedentes dunhas instalacións dedicadas a embotellado e comercialización de viño localizadas en Dompiñor t.m. Ribadeo.

Tanque de homoxeneización fabricado en poliéster reforzado con fibra de vidro, cun volume de 20 m 3 e de dimensións 2,4 m de diámetro e 5,2 m de altura.

Reactor compacto de aireación prolongada fabricado en poliéster reforzado con fibra de vidro cun volume de 20 m3 15 m3 de aireación e 5 m3 de decantación e de dimensións 2,4 m de diámetro e 5,2 m de altura.

Filtro de carbón activado.

As augas residuais industriais domésticas xeradas nas instalacións son recollidas e canalizadas cara unha fosa séptica deseñada para 40 habitantes equivalentes, de 36 m3 de capacidade, e posteriormente a un pozo de decantación de dimensións 1,75 x 1 m.
Logo do seu tratamento, as augas residuais industriais e as augas residuais domésticas, vértense conxuntamente por infiltración no terreo cunca da costa de Lugo entre Ribadeo e Foz mediante catro condutos filtrantes de 15 cm de diámetro e 5 m de lonxitude, separados entre si 2 m, no punto de coordenadas UTM
ETRS89: X=656.207; Y=4.822.791.
O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de TRINTA 30 DÍAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela, e no Servizo Territorial Norte de Augas de Galicia sito no Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm.2 9º andar da Coruña; onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018.- A xefa da Área de Vertidos, Leticia Valladares López.
R. 1594,8

Anuncio publicado en: Num BOP 287 año 2019 16/12/2019
13/12/2019 08:00:00
13:02:22

As augas residuais industriais xeradas nas instalacións son recollidas e canalizadas cara un sistema de depuración composto polos seguintes dispositivos:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/12/2019

Page count50

Edition count3284

First edition01/03/2013

Last issue23/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031