Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 277 martes, 3 de decembro de 2019

BOP Lugo
Se a solicitude presentásese nas oficinas de correos, deberá facerse de acordo con o artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o regulamento de prestación dos servizos postais, facendo constar no sobre a referencia seguinte: Concello de Guitiriz. Proceso selectivo. Convocatoria Auxiliares de axuda no fogar. Rúa do Concello nº4 27300 Guitiriz Lugo.
4.3. As taxas de participación no proceso selectivo son de 12 euros, conforme á Ordenanza fiscal núm.4 BOP
Lugo 7/01/2008, e se ingresarán -indicando como concepto: Taxas proceso selectivo auxiliar de axuda no fogar e o DNI do aspirantena seguinte conta do Concello de Guitiriz: ABANCA:
ES20/2080/0122/4631/1000/0022.
As taxas só serán devoltas se o aspirante non é admitido ao proceso selectivo, é dicir, se resulta excluído definitivamente.
A falta de pago das taxas de participación dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do aspirante, podendo subsanarse no prazo de emenda.
Os erros materiais ou de feito e os aritméticos que se puidesen advertir, poderanse rectificar en calquera momento, de oficio ou petición do interesado.
4.3. A presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo supón a aceptación e acatamento de todas e cada unha das bases desta convocatoria, así como o consentimento do solicitante para o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección, incluída a lista de reserva. Así mesmo, os solicitantes prestan o seu consentimento para que os seus datos persoais sexan comunicados mediante a súa exposición nos taboleiros de anuncios e na páxina web do Concello para todo o relacionado co proceso selectivo.
QUINTA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES E DESINACIÓN DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN

5.2. Perante o prazo de 10 días hábiles, de conformidade co previsto no artigo 68 .da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán corrixir os defectos a que se alude no referido artigo, e formular as reclamacións ás listas provisionais. De non presenta-la solicitude de rectificación ou reclamación no indicado prazo, decaerá no seu dereito, sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes.
5.3. Se non presentasen reclamacións á lista provisional considerarase definitiva. No suposto de existir reclamacións, unha vez transcorrido dito prazo aprobarase por resolución da alcaldía e publicarase no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a lista definitiva de aspirantes admitidos, e sinalarase a data e hora de realización da primeira proba da fase de oposición.
5.4. En dita resolución designarase aos membros do Tribunal de Selección de conformidade con disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Estatuto Básico do Empregado Público TREBEP. O
Tribunal Cualificador, estará constituído da seguinte forma, respectando o establecido no artigo 60 do TREBEP:
Presidente/a: o persoal funcionario ou laboral fixo da Corporación que se nomee do mesmo grupo de titulación ou superior.
Secretaria/o: o secretario da Corporación ou funcionario da Corporación en que delegue.
Vogais: tres vogais designados/as pola Alcaldía entre funcionarios ou persoal laboral fixo do mesmo grupo de titulación ou superior.
Os membros do tribunal deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ós esixidos para o acceso ao posto convocado, e serán elixidos con criterios de idoneidade técnica, imparcialidade e profesionalidade.
Para a válida constitución do Tribunal, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos requirirase a presenza do/a presidente/a e do/a secretario/a ou de quen lles substitúan, e da metade, ao menos, dos seus membros, de acordo con o artigo 17.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
Serán de aplicación as normas básicas sobre órganos colexiados establecidas nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, e con carácter supletorio o establecido para os órganos colexiados da Administración Xeral do Estado nos artigos 19 a 22 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
As decisións se adoptarán por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do/a presidente/a del Tribunal. Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do
Anuncio publicado en: Num BOP 277 año 2019 03/12/2019 08:00:00
07:51:13

5.1. Rematado o prazo de presentación de instancias aprobarase por resolución da alcaldía e publicarase no BOP
de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base terceira.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2019

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031