Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 277 martes, 3 de decembro de 2019

BOP Lugo
Nacionalidade: a Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facéndoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
Habilitación: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.
Titulación: Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
-Estar en posesión da titulación de formación profesional de grado medio de atención socio-sanitaria ou equivalente regulado no Real decreto 496/2003, de 2 de maio.
-Estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención socio-sanitaria a persoas no domicilio ou equivalente regulado no Real decreto 1379/2008, de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servicios socioculturais e a comunidade.
Requisitos específicos: Carne de conducir tipo B e dispoñer de medio de trasporte para o desprazamento polas distintas parroquias do municipio.

CUARTA.- PRESENTACION DE INSTANCIAS
4.1. Para tomar parte na selección as persoas interesadas deberán solicitar a súa participación mediante instancia dirixida á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz, conforme ao modelo que consta no Anexo I
das presentes bases, que poderán obter nas oficinas xerais do Concello e na páxina web municipal concellodeguitiriz.com.
Na instancia deberá facer constar que reúne todos os requisitos xerais e específicos esixidos na base terceira da convocatoria para a categoría do posto de traballo á que aspira.
Á instancia deberase acompañar dos seguintes documentos:
Copia do D.N.I.
Xustificante de pago das taxas de participación.
Xustificante da titulación esixida copia do título académico.
Relación dos méritos alegados para a súa baremación na fase de concurso segundo a orde de baremación establecida en cada un dos apartados, indicando a puntuación que entende a persoa aspirante que lle corresponde consonte estas bases en cada un dos apartados.
Documentación acreditativa dos méritos alegados. Non se tomarán en consideración os méritos que non queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de instancias.
Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta polo Tribunal Cualificador.
Non será necesaria a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, bastando a declaración xurada do interesado sobre a autenticidade dos mesmos, así como dos datos que figuran na instancia, sen prexuízo de que, en calquera momento, o Tribunal ou os órganos competentes do Concello de Guitiriz poidan requirir aos aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos aportados.
Os aspirantes indicarán si están afectados por unha minusvalía nun grao igual ou superior ao 33 %, e si precisan dalgunha adaptación ou previsión específica para o desenvolvemento das actuacións previstas no procedemento.
4.2. As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz rúa do Concello, nº4 de Guitiriz, ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de vinte 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE conforme establece o artigo 6.2 do RD.
896/1991, de 7 de xuño. No citado anuncio figurará a oportuna referencia ao número e data do Boletín Oficial da Provincia no que con anterioridade publicáronse integramente as bases da convocatoria. A non presentación da solicitude en tempo e forma, suporá a inadmisión da persoa aspirante ao proceso selectivo.

Anuncio publicado en: Num BOP 277 año 2019 03/12/2019 08:00:00
07:51:13

3.2. Os citados requisitos entenderanse referidos á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias e manterse durante todo o proceso, así como, no seu caso, no momento da formalización dos contratos laborais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2019

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031