Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 277 martes, 3 de decembro de 2019

BOP Lugo
sector público. Así mesmo, os interesados poderán promove-la recusación de acordo co sinalado no artigo 24 da citada norma.
Os Tribunais de Selección resolverán todas as cuestións derivadas da aplicación das Bases durante o desenvolvemento do proceso selectivo, encontrándose vinculados polo disposto nas Bases.
Os membros do Tribunal terán dereito a asistencias pola súa participación nas sesións do Tribunal de acordo co disposto no artigos 1.1d e 27.1b, 29 e 30 e Anexo IV do RD 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. O Tribunal terá a categoría terceira e prevense un número máximo de 5 sesións 25
asistencias neste proceso selectivo.
5.5. A Resolución que conteña a composición do Tribunal fixará e a data, hora e lugar en que se procederá á constitución do Tribunal e a valoración dos méritos dos aspirantes, e no seu caso, a data do primeiro exercicio.
SEXTA.- SISTEMA DE SELECCION
A selección realizarase de conformidade co previsto na presente base polo sistema de concurso-oposición:
6.1. FASE DE CONCURSO Puntuación máximo 40 puntos A fase de concurso consistirá na valoración dos seguintes méritos, na que se poderá acadar entre 0 e 40 puntos.
A Experiencia profesional puntuación máxima: 30 puntos -Por cada mes completo de servizos prestados no Concello de Guitiriz no mesmo posto de traballo ao que aspira auxiliar de axuda no fogar: 0,20 puntos.
-Por cada mes completo de servizos prestados en calquera Administración pública no mesmo posto de traballo ao que aspira auxiliar de axuda no fogar: 0,10 puntos.

Para acreditar a experiencia laboral no sector público, será necesario presentar informe da vida laboral e certificado ou documento que acredite de maneira irrefutable os servizos prestados, no que deberá constar a especialidade e categoría profesional, e data de inicio e finalización. Si trátase de servizos prestados no propio Concello da Guitiriz, expedirase de oficio o certificado de servizos prestados polo departamento de persoal, non sendo necesario a petición do/a interesado/a.
B Formación puntuación máxima: 10 puntos Valoraranse os títulos e cursos de formación e perfeccionamento recibidos relacionados coas funcións a desenvolver, impartidos por organismos ou institucións oficiais dependentes das administración públicas ou homologados por estas, sempre que non sexan requisitos da base terceira das presentes bases.
Valorarase a seguinte formación relacionada do seguinte xeito:
-Cursos de formación: 0,1 puntos por cada 10 horas lectivas de formación relacionada máximo de 4 ptos -Masters ou estudos superiores: 1 punto por cada 100 horas de formación relacionada máximo de 4 ptos - Celga 4, equivalente ou superior: 2 puntos; Celga 3 ou equivalente: 1 punto Só se valorará o curso de nivel superior.
Non se valorarán os cursos que non especifiquen o número de horas.
Os méritos do apartado B acreditaranse mediante copias dos correspondentes títulos ou diplomas.
Unha vez efectuada polo Tribunal a valoración dos méritos publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a puntuación obtida na fase do concurso, a efectos de posibles reclamacións durante un prazo de tres días, que serán resoltas polo Tribunal.
6.2. FASE DE OPOSICION Puntuación máxima 60 puntos Constará dun exercicio composto por dúas probas a realizar na mesma sesión: a primeira consistirá nunha proba tipo test e a outra será un suposto práctico, ambas probas serán obrigatorias e o exercicio ademais será eliminatorio:

Proba tipo test: Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 20 preguntas con 3 respostas alternativas das que só unha será correcta, referidas ao contido do posto de traballo segundo o Anexo II das bases.

O tempo máximo para a realización desta proba será de 30 minutos.
A proba cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 15 puntos para superar a proba.
As respostas correctas valoraranse cada unha con 1,5 puntos. As non contestadas ou contestadas incorrectamente non penalizarán.

Un suposto práctico relacionado coas funcións propias do posto, a proposta do tribunal, que poderá formular preguntas sobre o mesmo.

Anuncio publicado en: Num BOP 277 año 2019 03/12/2019 08:00:00
07:51:13

En caso de contratación a tempo parcial valoraranse os servizos prestados de forma proporcional.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2019

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031