Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 277 martes, 3 de decembro de 2019

BOP Lugo
O resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados unicamente no taboleiro de anuncios, na páxina web municipal e na sede electrónica do Concello de Guitiriz.
SEGUNDA.- CARACTERISTICAS E FUNCIONS DOS POSTOS DE TRABALLO
As características e funcións dos 28 postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar serán as establecidas na ficha nº28 da RPT do Concello de Guitiriz nº29 no borrador de RPT para o ano 2020, que son as seguintes:
FICHA Nº 28/29. Posto de traballo: Auxiliar de axuda no fogar 28 Código 41 a 68
Características esenciais: Persoal laboral fixo da Corporación Municipal.
Grupo Equivalencia: A.P.
Formación específica: Si, Carne conducir tipo B
Nº de postos: 28
Vacantes: 28
Forma de provisión: Concurso-oposición Retribucións integras anuais: 12.600 euros actualizado 2019, sen trienios Adscrición: Sección de Servicios Sociais, Servicio de Axuda no Fogar SAF.
Principais funcións do posto:
Xerais:
- Funcións propias do posto: Cumprimento de instrucións e directrices do Responsable de Servizo; procurar que os traballos que se lle encomenden sexan despachados con regularidade.

-Outras funcións expresamente encomendadas pola alcaldía circunstancialmente ou por necesidades do servizo, que sexan adecuadas á categoría do posto aínda que non sexan especificamente propias do posto de traballo artigo 73.2 do EBEP.
Específicas do posto:
-Tarefas propias do servizo de axuda no fogar de acordo coa normativa autonómica e as ordenanzas municipais que regulan a organización e o funcionamento do servizo de axuda no fogar, entre outras:
-Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como: Asistencia para levantarse e deitarse; Apoio na hixiene persoal e vestido; Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse; Supervisión, cando cumpra, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos; Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal; Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
-Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria como acompañamento fose do fogar para acudir a consultas ou tratamentos, ou apoio na realización de xestións necesarias e urxentes.
-Atención de necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como: Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda; Compra de alimentos e outros produtos de uso común; Preparación dos alimentos;
Lavado e coidado das pezas de vestir; Coidados básicos da vivenda, etc.
O traballo de auxiliar de axuda no fogar no servizo de SAF consistirá na realización das actividades reflectidas no plan de traballo que se elaborará o departamento de servizos sociais para cada persoa beneficiaria, e serán os referidos a atencións de carácter persoal, doméstico, atencións de roupa, compra e preparación de alimentos, tarefas de relación do contorno, e/ou outras que se determinen e que sexan necesarias para incorporar ao plan de traballo individualizado da persoa usuaria do servizo, e de conformidade co informe emitido pola traballadora social responsable do servizo ou, no seu defecto, a profesional que interveña no caso.
Os traballos se realizarán en domicilios situados nas diferentes parroquias do municipio, de acordo coa programación de traballo que se lle designe, polo que as persoas seleccionadas terán que contar cos medios necesarios para o desprazamento, pola súa conta, dentro da xornada laboral.
O salario mensual será de 900 euros brutos e a parte proporcional da paga extra, máis os incrementos anuais que correspondan segundo as leis de orzamentos xerais do Estado.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
3.1. Para tomar parte no proceso selectivo será necesario reunir os seguintes requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:
Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

Anuncio publicado en: Num BOP 277 año 2019 03/12/2019 08:00:00
07:51:13

-Substitución doutros postos de categorías similares durante ausencias, permisos ou vacacións de acordo cos calendarios de traballo de cada sección ou servizo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2019

Page count34

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031