Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 277 martes, 3 de decembro de 2019

BOP Lugo
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día de hoxe, 29 de novembro de 2019, o expediente do orzamento municipal para o exercicio económico de 2019, e a plantilla de persoal. En cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste concello, polo prazo de quince días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletin Oficial da Provincia, co fin de que durante dito prazo os interesados poidan proceder ao seu exame e formular as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales serán dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.
No suposto de non presentarse reclamacións no devandito prazo, o orzamento para o exercicio 2019
entenderase definitivamente aprobado, de acordo co disposto no artigo 20.1 do Real Decreto 500/1990, do 20
de abril, e no citado artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Abadín, 29 de novembro de 2019.O alcalde, José María López Rancaño.
R. 3657

BEGONTE
Anuncio
Notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de 9 días, de conformidade co establecido no art. 49, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
Begonte, 26 de novembro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha.
R. 3620

GUITIRIZ
Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 28 AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR COMO PERSOAL LABORAL
FIXO MEDIANTE CONCURSOOPOSICION LIBRE.
O Concello de Guitiriz aprobou por acordo de Xunta de Goberno Local de data 13/11/2019 as seguintes bases da convocatoria para a selección de 28 auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo mediante concurso-oposición libre.
Bases para a selección de 28 auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo mediante concursooposición libre estabilización de emprego temporal PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes Bases e convocatoria teñen por obxecto a selección de 28 auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo mediante concurso-oposición libre, en execución da OEP do ano 2019, dentro do proceso de estabilización de emprego temporal do art. 19.Uno.9. da LOXE de 2018.
Esta convocatoria ten por obxecto a cobertura de prazas vacantes estruturais e dotadas orzamentariamente derivadas dun proceso de estabilización de emprego temporal nos termos previstos no artigo 19 da LPXE para 2017 e 2018, mediante a utilización do sistema de concurso-oposición libre, seguindo os criterios comúns para a aplicación do proceso de estabilización derivado da Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017
negociados polo Goberno central e os Sindicatos maioritarios a nivel estatal, e polo goberno municipal cos representantes dos traballadores do Concello de Guitiriz.
O réxime de contratación laboral será o contrato fixo regulado no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
A presente convocatoria e bases serán obxecto de publicación no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios, na páxina web municipal concellodeguitiriz.com e na sede electrónica do Concello de Guitiriz guitiriz.sedelectronica.gal.
O anuncio de aprobación das bases será publicado no DOG e no BOE, e o prazo de presentación de solicitudes será de vinte 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.

Anuncio publicado en: Num BOP 277 año 2019 03/12/2019 08:00:00
07:51:13

No Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo, tramítase o recurso contencioso-administrativo Procedemento Ordinario 0000402 / 2019, interposto por Dna. M Estrella Veiga Castro e D. Eliseo Grandío Méndez contra a inactividade deste concello e a conseguinte desestimación por silencio administrativo ante a solicitude de resolución expresa formulada polos demandantes en data de 02/07/2019 sobre urbanismo no lugar/parroquia de Uriz, en Begonte.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/12/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/12/2019

Page count34

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031