Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 147 venres, 28 de xuño de 2019

BOP de Lugo
7.- Normas supletorias.Para o que non estiver previsto expresamente nestas bases, o xurado e a Deputación convocante terán en conta as normas contidas no regulamento do premio e nas xerais de funcionamento da Corporación provincial, así como na lexislación vixente.
Lugo, 25 de xuño de 2019.- O Presidente, en función, Darío Campos Conde.- A Secretaria Xeral, María Esther Álvarez Martínez.
R. 1853

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Pola Alcaldía, con data 20 de xuño de 2019, adoptouse o seguinte:
DECRETO NÚMERO 117.- Baralla, 20 de xuño de 2019
Por motivos persoais e non sendo posible realizar as fucións propias da alcaldía, durante o período de tempo que vai dende o día 21 de xuño ata o 5 de xullo de 2019, e de conformidade co previsto no artigo 63 da Lei 5/97 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo presente RESOLVO:
Primeiro.- Delegar a totalidade das funcións da Alcaldía deste concello, no primeiro tenente de alcalde, Don Manuel Rodríguez Vilela, dende o día 21 de xuño ata o día 5 de xullo de 2019, ambos inclusive.

Terceiro.- Dar conta ó Pleno desta delegación na primeira sesión que se celebre.
Acórdao, mándao e asínao o Sr. alcalde, D. Manuel Jesús González Capón e certifico.
Baralla, a 20 de xuño de 2019.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón.
R. 1796

CASTRO DE REI
Anuncio Aprobado por Decreto de Alcaldía de data 18 de xuño de 2019 o Padrón Tributario das taxas pola prestación dos servizos de Abastecemento de auga, Saneamento e Recollida de lixo e Canon da auga, correspondente ó 1º trimestre de 2019, exponse ó público durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP, para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación e as liquidacións consignadas no referido Padrón contributivo e notificadas colectivamente perante o presente anuncio, os interesados poderán interpoñer, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición pública.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do Canon da auga, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto nos artigos 24 e 68.1 b do Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, o comprendido entre o 19 de xuño e o 19 de agosto de 2019, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Ó resto seranlles enviados ó domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago en calquera das sucursais bancarias do Concello de Castro de Rei.
A falta de pagamento no período voluntario suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Castro de Rei, 18 de xuño de 2019.- O Alcalde, Francisco Javier Balado Teijeiro.
R. 1797

Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2019 27/06/2019 12:13:29
28/06/2019 08:00:00

Segundo.- Notificar o presente Decreto ó interesado e publicalo no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/06/2019

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions