Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/06/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 15 DE XUÑO DE 2019

N.º 136

CONCELLOS
ANTAS DE ULLA
Anuncio LICITACIÓN
Mediante Resolución de Alcaldía de data 5 de xuño de 2019, anunciouse a licitación mediante procedemento aberto da concesión administrativa de uso privativo de quiosco de bebidas situado nas Piscinas Municipais de Antas de Ulla.
1.- Entidade adxudicadora: Concello de Antas de Ulla.
2.- Obxecto do contrato: Concesión do uso privativo do quiosco de bebidas situado nas Piscinas Municipais.
3.- Tramitación e procedemento de adxudicación: tramitación urxente, procedemento aberto.
4.- Canon: 1.000,00€ IVE engadido.

6.- Presentación de proposicións:
a Data límite: en oito días naturais, contados a partir do día seguinte de publicación deste anuncio no BOP.
b Documentación a presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.
c Lugar de presentación: no Rexistro Xeral de Antas de Ulla, de 08:30 a 14:30 horas.
d Apertura de proposicións: nos tres días seguintes a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.
e Gastos de anuncios: Serán por conta do adxudicatario.
Antas de Ulla, 5 de xuño do 2019.- O alcalde, Javier Varela Pérez.
R. 1692

BECERREÁ
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA.
Formulada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a Conta Xeral, correspondente ó exercicio CONTA XERAL EXERCICIO 2018, expónse ó público polo prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Durante os mesmos os interesados lexitimados, poderán examinala e formula-las reclamacións, reparos e alegacións que estimen pertinentes, no prazo de exposición e nos oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116, da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 212 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Becerreá,12 de xuño de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 1724

Anuncio publicado en: Num BOP 136 año 2019 14/06/2019 10:46:39
15/06/2019 08:00:00

5.- Obtención de documentación e información: Concello de Antas de Ulla.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/06/2019

Page count11

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones