Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 147 venres, 28 de xuño de 2019

BOP de Lugo
Documentos e antecedentes que se consideren de interese para o coñecemento da súa dimensión literaria ou científica.
Cinco exemplares do traballo co que se opta ao premio, no caso de que a proposta se basee nunha obra ou produción singular concreta.
No caso de agrupacións e institucións, un exemplar do regulamento ou dos estatutos polos que se rexan, e unha relación das tarefas levadas a cabo en relación co obxecto do premio.
4.2.- A presentación de candidaturas realizarase no prazo de tres meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Esa publicación realizarase tamén nos boletíns oficiais das provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia, e nos diarios de máis difusión da Comunidade Autónoma.
4.3.- A presentación da candidatura determina a aceptación íntegra das condicións desta convocatoria e das contidas no regulamento do premio.
4.4.- Despois de que remate o prazo a que se refire o apartado 4.2, a Secretaría da Deputación de Lugo expedirá unha certificación das propostas presentadas que, xunto con elas e coa documentación correspondente, pasarán ao xurado do premio, para que todas as persoas que forman parte del as coñezan con antelación suficiente á reunión de deliberación.
4.5.- A cada solicitude ou proposta xuntaranse cantos documentos se xulgaren de interese para o mellor coñecemento do/a candidato/a.
5.- Xurado e actuacións.5.1.- Para adxudicar este premio, constituírase un xurado integrado por:

Vicepresidencia: a persoa titular da Presidencia da deputación que convoca o premio, que este ano lle corresponde á Deputación de Lugo, ou persoa en que delegar.
Vogais:
Os/as presidentes/as das tres deputacións restantes ou persoas en que delegar.
O/a presidente/a da Comisión de Cultura da deputación convocante, ou persoa en que delegar.
O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, ou persoa en que delegar.
Unha persoa representante de cada un dos seguintes organismos:
a Universidade de Santiago de Compostela.
b Universidade de Vigo.
c Universidade da Coruña.
d Real Academia Galega.
e Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos.
f Fundación Otero Pedrayo Cinco persoas de recoñecida autoridade científica e literaria, designadas unha pola Xunta de Galicia e as restantes, unha por cada unha das deputacións.
Procurarase a paridade de xénero nas persoas que forman o xurado.
Secretaría: con voz e sen voto, a secretaria da Deputación de Lugo, ou persoa en que delegar.
5.2.- O xurado constituído emitirá o seu ditame no mes seguinte ao día que remate o prazo de presentación de candidaturas, e a súa actuación suxeitarase ao determinado nos artigos 4.2 a 4.6 do regulamento do premio.
5.3.- Da actuación do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada polas persoas que o conformaren, coa totalidade das documentacións presentadas, pasará ao coñecemento do Pleno da Deputación de Lugo na primeira sesión que tiver lugar.
5.4.- As copias da acta e dos demais antecedentes que cumpriren para o coñecemento da tramitación do premio, remitiránselles ás deputacións de A Coruña, Ourense e Pontevedra.
6.- Entrega do premio.A entrega do premio será realizada no lugar e a data que determine a Presidencia da Deputación de Lugo, nun acto solemne e coa asistencia dos/as membros da Corporación provincial e do xurado, así como de personalidades galegas das artes, letras e ciencias.
Xunto co premio, a persoa ou entidade que resultar galardoada, recibirá una copia da acta da reunión do xurado.

Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2019 27/06/2019 12:13:29
28/06/2019 08:00:00

Presidencia: O presidente da Xunta de Galicia, ou persoa en que delegar.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/06/2019

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions