Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 4 DE XUÑO DE 2019

N.º 126

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 12 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan á empresa Viesgo Distribución Eléctrica SL as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Boimente 132 kV - Nova posición de liña 132 kV, no termo municipal de Viveiro expediente: IN407A 2018/8700 AT.
FEITOS

Esta infraestrutura eléctrica presenta as seguintes características técnicas: Subestación eléctrica 400/132 kV
formada, unicamente a parte de 132 kV, basicamente por un sistema en intemperie con configuración de dobre barra, composta por 13 posicións de 132 kV 2 de transformador, 8 de liña, 1 de acoplamento de barras e 2 de medida de barras e edificio de control e transformador para servizos auxiliares 20/0,4 kV de 630 kVA de potencia, cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.
Segundo.- O 13/11/2018 a empresa Viesgo Distribución Eléctrica SL presentou a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación subestación Boimente 132 kV - Nova posición de liña 132 kV, acompañada do proxecto de execución.
A infraestrutura eléctrica proxectada, segundo consta no proxecto presentado, que ten por obxecto facilitar a conexión á rede do novo parque eólico Ourol I propiedade da empresa Greenalia Wind Power Ourol SL e cunha potencia de 24 MW, consistirá na ampliación da subestación de Boimente co equipamento dunha nova posición de liña de 132 kV, conformada polos seguintes compoñentes:
2 seccionadores tripolares de illamento de barras.
1 interruptor de potencia tripolar.
3 transformadores de intensidade.
1 seccionador tripolar de liña con cuchillas de posta a terra.
3 autoválvulas de protección.
3 transformadores de tensión de liña indutivos.
2 illadores soporte para embarrado secundario Terceiro.- O 20/02/2019 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria en adiante, xefatura territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a devandita infraestrutura eléctrica de ampliación da subestación Boimente 132 kV, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 07/03/2019 e no Boletín Oficial da Provincia do 13/03/2019.
Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Cuarto.- O 13/03/2019 a empresa Viesgo Distribución Eléctrica SL presentou a licenza municipal de obras para a infraestrutura eléctrica de referencia, outorgada polo Concello de Viveiro con data 12/03/2019, para os efectos de acreditar a conformidade expresa deste concello, pola súa condición de entidade afectada nos seus bens ou dereitos pola dita infraestrutura eléctrica.

Anuncio publicado en: Num BOP 126 año 2019 03/06/2019 12:26:02
04/06/2019 08:00:00

Primeiro.- O 22/12/2000 a Dirección Xeral de Industria ditou resolución pola que se autorizou administrativamente, se declarou a utilidade pública e se aprobou o proxecto de execución da subestación de Boimente de 132 kV, en Viveiro expediente 19/2000 AT, promovida por Electra de Viesgo I SA actualmente, Viesgo Distribución Eléctrica SL.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/06/2019

Page count13

Edition count3280

First edition01/03/2013

Last issue18/04/2024

Download this edition

Other editions