Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 12 DE XUÑO DE 2019

N.º 133

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Manuel Quelle Aramburo solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.62221.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cervo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 3 de xuño de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 1641

CONCELLOS
TABOADA
Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN FISCAL E DO PERÍODO EN VOLUNTARIA DA COBRANZA DA TAXA POR
PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DE AUGA, ACOMETIDAS E TRASPASOS DE TITULARIDADE
E DE SUMIDOIROS CORRESPONDENTES AO 1º TRIMESTRE DO 2019.
O Padrón fiscal da taxa de prestación do servizo Abastecemento de auga, acometidas e traspasos de titularidade e de Sumidoiros correspondentes ao 1º trimestre do 2019, foi aprobado por Resolución de Alcaldía de data 24 de maio de 2019.
O mencionado padrón exponse ao público nas oficinas da Casa do Concello polo prazo de 15 días, contado dende o seguinte ao da publicación no BOP do presente anuncio, para os efectos de que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas o recurso de reposición regulado no artigo 14.2
do RDL 2/2004, do 5 de marzo, que recolle o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes, contado dende o seguinte ao da finalización do período de exposición pública do mencionado padrón fiscal.
Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderase interpoñer, diante do Xulgado do ContenciosoAdministrativo competente o recurso Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación a dita resolución.
Se non recaera resolución no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da presentación do recurso de reposición, en virtude do previsto no mencionado artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, produciranse os efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non obstante, se se considera conveniente, poderase empregar e exercitar calquera outro recurso.
A publicación no BOP do presente anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 133 año 2019 11/06/2019 12:18:50
12/06/2019 08:00:00

As obras solicitadas consisten na colocación de dúas tubaxes de 1,30 metros de diámetro e 3,95 metros de lonxitude, eliminación dun paso existente e limpeza dunha canle innominada, na parcela con referencia catastral 27013A02100274, no lugar de Bedro e Soutolín, na parroquia de Castelo, no concello de Cervo Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/06/2019

Page count7

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions