Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 29 DE XUÑO DE 2019

N.º 148

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncios SELECCIÓN DE UN CONDUCTOR PARA MOTOBOMBA E LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Por Resolución de alcaldía, aprobanse o 27 de xuño, as bases que rexerán a convocatoria para a selección dunha persoa para desempeñar as labores de condutor de motobomba e labores de prevención de incendios, que teñen o seguinte contido:
1. - OBXECTO.

A relación xurídica co concello será de persoal laboral temporal, grupo de cotización 8 e salario bruto mensual de 1.050 €, que inclúe a parte proporcional das pagas extras. As vacacións correspondentes que non se podan disfrutar abonaránse ó final do contrato, xunto coa indemnización de fin do mesmo.
Tanto o horario de traballo como os traballos e ubicación concreta dos mesmos indicaráselle polo responsable do departamento de persoal segundo as necesidades dos servizos. De todas formas o horario podería ser a xornada partida ou a turnos, sempre respectando a normativa laboral aplicable.
2.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos nas listas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos á data de finalización de presentación de solicitudes e deberán gozar destes durante todo o prazo nas que as mesmas estean en vigor:
a Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ó disposto no artigo 52 da lei 2/2015, de 29
de abril, do Empego Público de Galicia, permita o acceso ó emprego público.
Poden acceder ó emprego público como persoal laboral en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:
- As persoa que posúan nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
- As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
- As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.
- As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
d Estar en posesión da titulación esixida en cada caso para cada praza nos termos que se sinalen en cada base específica.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
e Posuír coñecemento do idioma galego, que se acreditará segundo o establecido en cada base específica.
f Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación
Anuncio publicado en: Num BOP 148 año 2019 28/06/2019 14:47:52
29/06/2019 08:00:00

O obxecto destas bases é establecer as normas e procedemento para a selección dunha persoa para desempeñar as labores de Condutor de motobomba e labores de prevención de incendios dende o 15 de xullo ou momento do inicio do contrato unha vez finalizado o procedemento de selección ó 30 de setembro de 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/06/2019

Page count43

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions