Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 124 sábado, 1 de xuño de 2019

empregos a tempo completo de Peón Forestal Naturais.

BOP Lugo
para unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos
Vista a Lexislación en materia de selección de persoas comprendida na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, Lei 7/2007, do 7 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, e demais disposicións aplicables, e tendo en conta que se considera servizo prioritario, en virtude de acordo plenario de data 26 de xaneiro de 2012, en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente, a Xunta de Goberno Local por unanimidade dos membros presentes, ACORDA:
PRIMEIRO.- Prestar aprobación para a realización dunha convocatoria para selección e posterior contratación de 6 peóns forestais a xornada completa para a Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais, mediante unha contratación de carácter laboral temporal a tempo completo, mediante un contrato de obra/servizo determinado por un período de tres meses, desde o momento da súa contratación, e que debe rematar antes do 31 de outubro de 2019, aclarando que as tres primeiras contratacións se levarán a cabo en canto finalice este proceso selectivo e as tres seguintes se realizaran desde finais de xullo ata finais de outubro, en función das necesidades do servizo .
SEGUNDO.- Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria que se xuntan como anexo ao expediente.
TERCEIRO.- Realizar a convocatoria mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA UNHA BRIGADA DE PROTECCIÓN E
MANTEMENTO DE ESPAZOS NATURAIS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO AO ABEIRO DA ORDE DO
17 DE DECEMBRO DE 2018 POLA QUE SE REGULAN OS CRITERIOS DE REPARTICIÓN E SE ESTABLECEN AS
BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA LIÑA EN CONCORRENCIA NON
COMPETITIVA DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL PARA O ANO 2019.

Esta convocatoria e bases reguladoras, teñen por obxecto a selección e posterior contratación de carácter laboral temporal a tempo completo ao abeiro da Resolución de Concesión de Subvención, da Directora Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, de 24
de abril de 2019, , de concesión dunha subvención, en réxime de concorrencia non competitiva a concellos, do Fondo de Compensación Ambiental, rexistro de entrada no concello 25 de abril de 2019, núm. 1359, de:
-

Unha brigada de protección e mantemento de espazos naturais:
SEIS PEÓNS FORESTAIS a xornada completa
do Concello de Mondoñedo mediante o sistema de CONCURSO - OPOSICIÓN, por un período de tres meses desde o momento da súa contratación pero que debe rematar antes do 31 de outubro de 2019, aclarando que as tres primeiras contratacións se levarán a cabo en canto finalice este proceso selectivo e as tres seguintes se realizaran desde finais de xullo ata finais de outubro, en función das necesidades do servizo .
O ámbito de actuación da brigada de protección e mantemento de espazos naturais será o municipal, realizando tarefas de desbroce, mantemento, limpeza e prevención naqueles sendeiros, pistas de terra, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais para a súa utilización recreativa ou didáctica así como a protección e mantemento de espazos naturais, priorizando as rutas de sendeirismo que discorren por zonas con valores ambientais notables, especificadas na solicitude de subvención.
Salario bruto mensual que inclúe a parte proporcional da paga extraordinaria:
6 peóns a xornada completa
1.067,50 €/mes
SEGUNDA. NORMATIVA APLICABLE
Ás probas selectivas, no non previsto nas presentes bases, resultará de aplicación o TREBEP. Así mesmo e nos aspectos non derrogados expresamente e que non se opoñan ao disposto no TREBEP, tamén será de aplicación:
-

Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

-

Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas de Reforma para a Función Pública.

-

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

-

Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

-

Decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aproba o Regulamento Xeral de Ingreso de Persoal ao Servizo da Administración do Estado.

Anuncio publicado en: Num BOP 124 año 2019 31/05/2019 12:00:52
01/06/2019 08:00:00

PRIMEIRA. OBXECTO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/06/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions