Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 124 sábado, 1 de xuño de 2019

BOP Lugo
CONCELLOS
BOVEDA
Anuncio En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2018, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis os que se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.. Á súa vez, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello http concellodeboveda.sedelectronica.es.
En Bóveda, a 24 de maio de 2019.- Alcalde-Presidente, José Manuel Arias López.
R. 1516

A FONSAGRADA
Anuncio Unha vez formulada e rendida a conta xeral desta entidade local correspondente ó exercicio de 2018 exponse ó público, xunto cos documentos que a xustifican, na secretaria do concello durante o prazo de 15 días hábiles, a partir do seguinte día ó da inserción do presente anuncio no BOP, co obxecto de que poida ser examinada e formulada durante o devandito prazo e oito días seguintes, e admitiranse os reparos e observacións que se poidan formular por escrito, os cales deberán ser dirixidos á Alcaldía deste Concello, de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o texto refundido da Lei das Facendas Locais.
A Fonsagrada, 22 de maio de 2019.-O Alcalde, Argelio Fernández Queipo.
R. 1517

MONDOÑEDO
Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria celebrada, o día 24 de maio de 2019, entre outros, adoptou o seguinte acordo:
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA UNHA BRIGADA DE
PROTECCIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS NATURAIS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
Vista a publicación no DOG da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2018.
Vista a solicitude de subvención presentada por este concello en data 31/01/2019, ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente ao Fondo de Compensación Ambiental, subvención en réxime de concorrencia non competitiva a concellos, na que se solicitou unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais, composta por 6 peóns forestais a xornada completa, todos estes empregos contratados durante 3 meses.
Vista a Resolución de Concesión de Subvención, da Directora Xeral de Administración Local, de 24 de abril de 2019, na que se contempla unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais na que se pretende a contratación de 6 peóns forestais, a tempo completo, durante 3 meses.
Vista a urxente necesidade de realizar estas contratacións con fin de por en marcha, a devandita brigada, de modo e maneira que se permita a posibilidade de manter nun estado de conservación óptimo unha Ruta de Sendeirismo, que discorre por zonas con valores ambientais notables, así como realizar labores de desbroce, mantemento e limpeza de camiños, sendeiros, pistas de terra e áreas recreativas, de cara a poder contar no verán con estas zonas totalmente acondicionadas que contribúan a proporcionar unha oferta turística de calidade.
Vista a memoria da Alcaldesa que xustifica a necesidade inaprazable, urxencia, necesidade e prioridade de realizar un proceso selectivo, por concurso-oposición, de persoal laboral temporal para a contratación de 6

Anuncio publicado en: Num BOP 124 año 2019 31/05/2019 12:00:52
01/06/2019 08:00:00

CONTA XERAL 2018

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/06/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/06/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions