Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 105 xoves, 9 de maio de 2019

BOP de Lugo
A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou calquera outro instrumento xurídico que confira o dereito de uso do ben. No suposto de solicitude de incorporación de máis dunha parcela poderán empregarse indistintamente os conceptos anteriores para cada una delas.
Os beneficiarios deberán comprometerse a ter en produción ou funcionamento o ben para o que se lle concede a subvención por un período mínimo de cinco anos artigo 23.4.a da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación en concordancia con canto se dispón polo artigo 31.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Estas axudas acóllense ao Regulamento UE nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis no sector agrícola, publicado no Diario Oficial da Unión Europea Serie L número 352 do 24 de decembro de 2013.
Base 2.- Réxime de concorrencia As subvencións ás que se refiren as presentes bases convócanse en réxime de concorrencia competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible.
Teñen por obxecto a cobertura de inversións código obxecto 1, articularanse na modalidade de subvención código instrumento axuda SUBV sen contraprestación, sendo esta un tipo de subvención non cualificable como axuda de Estado a empresa código tipo de subvención 1 encadrada dentro do sector económico de axudas a actividades de apoio a la agricultura código sector económico 01.6 é coa finalidade de recuperación,de terreos abandonados e incremento da superficie adicada aos cultivos código finalidade 12, contribuíndo o asentamento da poboación no medio rural código impacto de xénero 2.
Os códigos do paragrafo anterior refírense a información para a base de datos nacional de subvencións.

De conformidade co disposto no artigo 23 da Ordenanza xeral de subvencións, os gastos subvencionables conceptuaranse da forma e nas condicións establecidas no devandito artigo e, en concreto, serán subvencionables aqueles que de xeito indubitado respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios. Asemade, tal como dispón o devandito precepto, en ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
En ningún caso serán gastos subvencionables:

O proxecto de obra, no caso de ser necesario.

Os gastos de xestión derivados das solicitudes, licenzas ou permisos.

Os intereses debedores das contas bancarias.

Intereses, recargas e sancións administrativas e penais.

Os gastos de procedemento xudiciais.

Proxectos con solucións técnicas non sostibles, ineficientes ou con prezos non axustados aos de mercado.

Considerarase gasto subvencionable aquel referido á actividade subvencionada e que se acredite coa presentación das facturas e/ou xustificantes de gasto, sendo necesario que este se atope pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación e que se acredite o seu pagamento mediante xustificante bancario.
Base 4.- Beneficiarios

Gandeiro ou Agricultor individual

Sociedades Agrarias de Transformación.

Persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións

Persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación á agricultura ou gandería.

Comunidades de Bens e Sociedades Civís que sexan titulares de explotacións agrícolas e/o gandeiras.

1 Nestes casos, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención a aplicar por cada uno deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 Prescrición e 65 Prescrición de infraccións e sancións da Lei Xeral de Subvencións.
Para ser beneficiario desta liña o solicitante debe acreditar que a lo menos o 50 por 100 dos ingresos da persoa física proveñan da actividade agrícola e/o gandeira.

Anuncio publicado en: Num BOP 105 año 2019 08/05/2019 13:19:37
09/05/2019 08:00:00

Base 3.- Gastos subvencionables

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/05/2019

Page count27

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions