Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 18 DE MAIO DE 2019

N.º 112

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía número 88 de 9 de maio de 2019, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao primeiro trimestre do ano 2019:
- Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga 1º trimestre do ano 2019.
- Padrón da taxa por recollida de lixo.
- Padrón de augas residuais e sumidoiros.

Recurso: Contra o Decreto da aprobación dos padróns de: abastecemento de auga a domicilio, recollida de lixo e augas residuais e sumidoiros, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde-Presidente do Concello de Baralla.
Contra a Resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A falta de pagamento do Canon da Auga, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende esta notificación.
Baralla 9 de maio de 2019.-O Alcalde en función por Decreto de delegación nº 82 de 02/05/2019, Manuel Rodríguez Vilela.
R. 1349

BECERREÁ
Anuncio Por Decreto da Alcaldía de data 08/05/2019, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de maio do 2019 da taxa pola prestación do servicio de Gardería Infantil.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.

Anuncio publicado en: Num BOP 112 año 2019 16/05/2019 14:39:39
18/05/2019 08:00:00

Expónse ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/05/2019

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions