Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 15 DE MAIO DE 2019

N.º 110

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 29 de abril de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT, CT e RBT CortiñasToimil no concello de Paradela. Exp. 03/2017-AT
Con data 8 de marzo de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución, pola que se outorga á empresa Unión Fenosa Distribución S.A. a autorización administrativa previa e de construción, e declara a utilidade pública,en concreto, da instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil, no concello de Paradela.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como Anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Paradela, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso de 9 de xaneiro de 2019, no Diario Oficial de Galicia do 11 de xaneiro de 2019, e no BOP de Lugo de 23 de xaneiro de 2019, para que comparezan o día 30 de maio de 2019 no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Paradela estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta art. 52.3 da Lei de expropiación forzosa.
Asi mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial Rolda da Muralla 70, Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, BOE núm. 236, de 2 de outubro cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar sen prexuízo da correspondente publicación no BOE e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 29 de abril de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

Anuncio publicado en: Num BOP 110 año 2019 14/05/2019 10:17:24
15/05/2019 08:00:00

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/05/2019

Page count18

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions