Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 27 DE MAIO DE 2019

N.º 119

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste concello, do día 22 de maio de 2019, o Orzamento xeral, as bases de execución e o cadro de persoal funcionario, laboral e eventual, para o exercicio económico de 2019, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, expóñese ao público o expediente e a documentación preceptiva por un prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.
Conforme o acordo adoptado, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante ese prazo non se presentan reclamacións.No caso de que se realizasen alegacións e/ou reclamacións, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas, segundo o establecido no artigo 169.1 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

R. 1470

BURELA
Anuncio EXPEDIENTES 1015/2019 E 1016/2019.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 15 de maio de 2019, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de abril de 2019 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 6.956,65 €, correspondendo 1.162,80 € a libre concorrencia e 5.793,85 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase o período voluntario de cobramento dende o día 25 de xuño de 2019 ata o día 25 de agosto de 2019, ambos os dous inclusive.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 16 de maio de 2019.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1440

Anuncio publicado en: Num BOP 119 año 2019 24/05/2019 11:58:33
27/05/2019 08:00:00

Baleira, 23 de maio de 2019.- ALCALDE, ANGEL ENRIQUE MARTINEZ-PUGA LOPEZ.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/05/2019

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions