Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 28 DE MAIO DE 2019

N.º 120

CONCELLOS
O CORGO
Anuncio Fanse públicas as bases que rexerán o procedemento de selección de persoal para o PUNTO DE ATENCIÓN Á
INFANCIA PAI DO CORGO, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 23 de maio de 2019.
BASES QUE REXERÁN O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA
PAI DO CONCELLO DO CORGO.

1.1.
Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección do seguinte persoal laboral temporal para o Punto de Atención á Infancia PAI do Corgo:
1. PERSOAL DE ATENCIÓN TÉCNICO DE ATENCIÓN Á INFANCIA: 1 posto.
2. PERSOAL DE APOIO DO PAI: 1 posto.
Así mesmo, o presente procedemento selectivo servirá de bolsa para futuras contratacións co obxecto de cubrir posibles vacantes que se produzan ou ausencias, baixas ou renuncias dos seleccionados, nos termos establecidos na base novena.
1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas polo establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outono, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público TREBEB; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia LEPG; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no no previsto nel, no Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.
1.3. O sistema de selección dos aspirantes será de oposición libre.
1.4. A presente convocatoria e bases publicarase íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, na páxina web e no taboleiro de anuncios e da sede electrónica do Concello do Corgo www.concellodocorgo.com e concellodocorgo.sedelectronica.gal, respectivamente. O resto das publicacións a que faga referencia a lexislación vixente tamén se publicarán nos citados medios.
SEGUNDA.-CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS, FUNCIÓNS.
Tanto o Técnico de Atención á Infancia como a persoa de apoio do PAI, terán as funcións correspondentes ás súas categorías, descritas no artigo 15 do Regulamento de Organización e Funcionamento do PAI do Concello do Corgo, e que son as seguintes:
- PERSOAL DE ATENCIÓN TÉCNICO DE ATENCIÓN Á INFANCIA
Desenvolverá, entre outras, as seguintes funcións:
- Coidar da orde, formación, seguridade, entretemento, alimentación ea aseo persoal dos nenos, ademais de levar o diario e rexistro das entradas e saídas no PAI.
- Elaborar un proxecto educativo e organizativo do PAI, que defina obxectivos pedagóxicos, horario, calendario, usuarios, estrutura organizativa, persoal e as súas funcións coa colaboración da traballadora de servizos sociais e unha memoria anual de actividades realizadas.
- Elaborar e documentar as actividades de xestión.

Anuncio publicado en: Num BOP 120 año 2019 27/05/2019 10:39:55
28/05/2019 08:00:00

PRIMEIRA.- NORMAS XERAIS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/05/2019

Page count20

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions