Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 105 xoves, 9 de maio de 2019

BOP de Lugo
entraron en xogo outros elementos centrais da problemática do campo galego contemporáneo: a incidencia catastrófica dos incendios forestais, a redución e progresivo envellecemento da poboación rural e un ineficaz uso do territorio que dificulta a competitividade do sector agrícola e/o gandeiro.
Neste sentido, o sector agrícola e/o gandeiro da provincia de Lugo iniciou durante as últimas décadas un proceso de diminución do número de explotacións, que se prevé continúe durante os próximos anos como resultado da falta de viabilidade futura de moitas delas, ben pola inexistencia de relevo xeracional ou ben pola simple inviabilidade económica, o que orixina o progresivo peche de explotacións e que vai deixando libres as terras que estas ocupaban.
O cese das actividades agrícolas e/o gandeiras trae consigo importantes consecuencias ambientais e paisaxísticas, xa que pasado un tempo os terreos abandonados comezan a ser colonizados pola vexetación espontánea seguindo unha progresión, que comeza con formacións de especies herbáceas e de matogueira e que, en ausencia de perturbacións externas, pode chegar a formar masas arbóreas de rexeneración natural. O
crecemento da cuberta vexetal afecta á riqueza de especies animais e vexetais e á calidade da paisaxe.
O abandono da actividade agrícola e/o gandeiro tamén conduce a unha modificación da paisaxe rural que habitualmente implica a desaparición de paisaxes culturais moldeados ó longo de séculos. Este fenómeno constitúe por si mesmo unha perda cultural, e a súa importancia é maior si consideramos que vai ligada á desaparición do coñecemento sobre prácticas agrícolas e/o gandeiras tradicionais.
Dende un punto de vista económico, o cese das actividades agrícolas e/o gandeiras implica en moitos casos o abandono total ou o cambio a un uso das terras distinto do inicial que se traduce en superficie que non se incorpora ás explotacións en activo, o que impide a ampliación da súa base territorial e que se manifesta no estancamento do tamaño medio da explotación.

Por outra parte, o proceso de abandono de terras por parte do sector agrícola e/o gandeiro tamén vai asociado á perda de poboación no medio rural e á concentración da poboación nos núcleos urbanos.
Debemos ter en conta tamén que o monocultivo do leite leva consigo a perda de competitividade e rendibilidade das explotacións, polo que, correspóndelle a Administración a promoción doutras maneiras de vivir do agro como son a explotación da horta e das viñas e como consecuencia esta diversificación leva consigo o aproveitamento dos recursos que na nosa Provincia son moitos.
Consecuentemente co exposto, impleméntase un programa de axudas, que ten por obxecto a cooperación desta Deputación Provincial na promoción económica do sector agrícola e/o gandeiro da provincia mediante axudas que incentiven o incremento da base territorial produtiva perseguindo desta maneira, a redución de custes de produción asociados a unha maior competitividade no mercado, considerando este sector, coma unha fonte de recursos, emprego e oportunidade de fixación de poboación nos noso territorio.
A Liña 6 do Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Lugo do ano 2017-2019, aposta por acadar o desenvolvemento dos sectores agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro como sectores estratéxicos da economía da provincia e xeradores de oportunidades de emprego, e que redunde na fixación de poboación nas zonas rurais, entre outros, cos seguintes obxectivos: Recuperación de terreos abandonados e incremento da superficie adicada aos cultivos.
Polo exposto, a Deputación Provincial de Lugo, no exercicio das competencias atribuídas polo artigo 36.1.d da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local pon en marcha o programa: DE APOIO AO SECTOR AGRÍCOLA E/O GANDEIRO NA PROVINCIA DE LUGO.

Recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrícolas e/o gandeiros
Programa que se regula polas presentes BASES
Bases das subvencións do PROGRAMA DE APOIO AO SECTOR AGRÍCOLA E/O GANDEIRO NA PROVINCIA DE
LUGO
Base 1.- Obxecto As presentes bases teñen como obxecto a ordenación do procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva dentro do Programa de apoio ao sector agrícola e/o gandeiro desta Deputación provincial, destinadas aos titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras da provincia de Lugo, coa finalidade da incorporación de terras á superficie produtiva.
Para poder ser beneficiario da subvención será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido.

Anuncio publicado en: Num BOP 105 año 2019 08/05/2019 13:19:37
09/05/2019 08:00:00

Outro efecto negativo para o sector agrícola e/o gandeiro é a proliferación de determinadas especies animais que experimentan un importante crecemento das súas poboacións ó verse favorecidas pola expansión da vexetación, chegando nalgúns casos a causar danos substanciais nas colleitas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/05/2019

Page count27

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions