Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 104 mércores, 8 de maio de 2019

BOP Lugo
e Unidades familiares ou de convivencia nos que existan persoas maiores de 65 anos, persoas con dependencia ou con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
f Unidades familiares ou de convivencia nas que existan persoas que foran beneficiarias de axudas ao aluguer no marco de programas xestionados polo IGVS e que, unha vez vencido o período máximo de percepción das mesmas, permanezan nunha situación de desprotección ou especial vulnerabilidade.
A pertenza a un destes grupos acreditarase documentalmente ou mediante informe dos servizos sociais do concello onde se atopa a vivenda, cando o solicitante estea empadroado no municipio de O Corgo, ou dos servizos sociais do concello onde resida a unidade familiar ou de convivencia, cando o solicitante non estea empadroado en O Corgo, ou calquera medio de proba válido en dereito que o acredite.
No caso de que non se presentasen solicitudes destes colectivos, terán preferencia os residentes habituais no Corgo que reunan únicamente os requisitos establecidos na base III.
Non existindo solicitudes de ningún dos grupos anteriores, a adxudicación se realizará a favor de persoas pertencentes a algún dos colectivos prioritarios residentes en calquera lugar. E en defecto de solicitudes destes, realizarase a favor de calquera solicitante, calquera que sea a súa residencia, que reúna únicamente os requisitos establecidos na base III.
V.- Concepto e cómputo dos ingresos das unidades de convivencia 1. Para os efectos desta convocatoria, considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

3. Partirase da contía da base impoñible xeral e de aforro, reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do IRPF, correspondente á declaración ou declaracións presentadas por cada persoa da unidade de convivencia relativas ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento da solicitude é dicir, exercicio 2017. De non dispor da correspondente declaración por non estar obrigado a tributar por este concepto, deberase acreditar os ingresos mediante certificacións de imputación de ingresos do exercicio 2017, emitidas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria en adiante, AEAT xunto cunha declaración responsable de ingresos do referido exercicio.
4. A contía resultante converterase en número de veces o IPREM en vigor no período a que se refiran os ingresos acreditados.
5. O número de veces o IPREM resultante ponderarase en función dos seguintes coeficientes multiplicativos, segundo corresponda:
- Unidade familiar de un membro: 1,00.
- Unidade familiar de dous membros: 0,90.
- Unidade familiar de tres membros: 0,80.
- Unidade familiar de catro membros: 0,75.
- Unidade familiar de cinco ou máis membros: 0,70.
6. No suposto de que a unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar das establecidas na normativa do IRPF, os ingresos de cada unidade familiar, convertidos en número de veces o IPREM e ponderados conforme o previsto nesta base, sumaranse, debendo ser o resultado inferior ao límite máximo previsto nestas bases reguladoras.
7. Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nos termos establecidos na normativa do IRPF, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese, conforme o previsto nos apartados anteriores.
8. Para o caso de que na unidade familiar houbera mulleres xestantes no momento da convocatoria, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos/as e non nacidos/as contará como membros da unidade familiar, para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicativo corrector previsto no apartado b, sempre que coa aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación da adopción en trámite.
VI. Documentación xustificativa a achegar.
Xunto coa solicitude deberá acompañarse a seguinte documentación:
a Documentación xeral:

Anuncio publicado en: Num BOP 104 año 2019 07/05/2019 12:52:54
08/05/2019 08:00:00

2. Os ingresos dos membros da unidade de convivencia ás que se destine a vivenda, determinarase de conformidade coa normativa reguladora do IRPF. Para estes efectos, procederase como se indica no apartado seguinte.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/05/2019

Page count20

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions