Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 104 mércores, 8 de maio de 2019

BOP Lugo
esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello.
Cervo, 29 de abril de 2019.- O Alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
R. 1285

O CORGO
Anuncio BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO PARA ALUGAR UNHA VIVENDA EN ARXEMIL
I.- Obxecto.
As presentes bases teñen por obxecto a regulación do procedemento competitivo e de libre concorrencia para alugar unha vivenda municipal recentemente rehabilitada en Arxemil, por un periodo máximo de cinco anos.
Trátase dunha vivenda de 2 dormitorios e un cuarto de baño, con capacidade aproximada para 4 persoas, sen amueblar e non adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Os interesados neste procedemento poderán presentar una solicitude en modelo normalizado Anexo I a estas bases xunto a documentación a que se refire a base VI, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presentes bases no Boletín Oicial da provincia de Lugo. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último é día inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicionada das presentes bases reguladoras.
O non axustarse aos termos desta convocatoria, así como a ocultación de datos, asúa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude.
III.- Requisitos dos demandantes do aluguer da referida vivenda Os requisitos para participar neste procedemento son os seguintes:
a O solicitante -ou a unidade de convivencia na que estea integradodeberá acreditar uns ingresos entre 1 e 2,5
veces o IPREM para o ano 2019.
b Non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e desfrute, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente.
c Deberá quedar acreditado o grao de integración social. En concreto, non haberá antecedentes de ter incumprido reiteradamente as normas de convivencia. A estes efectos, poderán ser excluídas aquelas persoas ou unidades familiares que en virtude do informe emitido polos servizos sociais, conste que incumpriron reiteradamente as normas da comunidade.
IV.- Colectivos prioritarios e beneficiarios.
Para o acceso á vivenda en réxime de arrendamento terán preferencia os que acrediten residencia habitual no concello do Corgo e pertenzan aos colectivos prioritarios relacionados a continuación, por orden decrecente:
IV.1. Relación de colectivos prioritarios por orde decrecente:
a Unidades familiares ou de convivencia afectadas por procedementos de execución hipotecaria, sen necesidade de que exista unha resolución xudicial de finalización do citado procedemento xudicial.
b Unidades familiares ou de convivencia afectadas por un procedemento xudicial de desafiuzamento por impago de rendas da súa vivenda habitual.
c Unidades familiares ou unidades de convivencia con fillos menores, así como familias numerosas e familias monoparentais con fillos a cargo.
d Unidades familiares ou de convivencia nos que existan mulleres vítimas de violencia de xénero, sempre que o documento acreditativo da situación de violencia fora adoptado ou emitido nos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da vivenda. Así mesmo, será preciso que a orde de protección ou a medida cautelar estean vixentes.

Anuncio publicado en: Num BOP 104 año 2019 07/05/2019 12:52:54
08/05/2019 08:00:00

II.- Solicitudes. Prazo de presentación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/05/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions