Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 013 venres, 17 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
ARTIGO 3.- LUGAR DE CEBRACIÓN DAS SESIÓNS
1.- As sesións plenarias do Concello celébranse necesariamente no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
2.- Por razóns xustificadas, a Alcaldía, poderá dispoñer a celebración da sesión noutro local ou edificio adecuado, mediante resolución motivada e previa á da convocatoria do pleno, notificada a todos os membros da corporación.
3.- Os membros da corporación tomarán asento o salón de sesións conforme á súa adscrición ós grupos políticos municipais. A Alcaldía determinará a orde de colocación dos grupos dando preferencia ó formado polos/as concelleiros/as da lista que obtivese maior número de votos. En calquera caso, a disposición tenderá a facilitar a emisión e reconto de votos.
ARTIGO 4.- CLASES DE SESIÓNS
1.- As sesións do pleno poderán ser:
a Ordinarias b Extraordinarias c Extraordinarias e urxentes O pleno realizará sesións ordinarias, con carácter mensual. Ó inicio do mandato estableceranse as datas e horario concreto.

b O pleno realizará sesións extraordinarias cando sexan convocadas con este carácter pola Alcaldía ou a solicitude de cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da corporación, sen que ningún/ha concelleiro/a poidan solicitar máis de tres anualmente. Tal solicitude deberá de facerse por escrito na que se razoen as cuestións que a motivan, os asuntos a incluír na orde do día e o texto das propostas dos acordos que se pretenden adoptar.
A convocatoria de sesión extraordinaria a instancias dos membros da corporación non poderá demorarse por máis de 15 días hábiles dende que fora solicitada, non podendo incorporarse ó pleno extraordinario máis asuntos se non o autorizan expresamente os solicitantes da convocatoria.
Se a presidencia non convocase o pleno dentro do prazo sinalado, quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ó da finalización de dito prazo, ás 12:00 horas. En todo caso, dita convocatoria será notificada de acordo co artigo 7 deste regulamento.
c O pleno realizará sesións extraordinarias urxentes cando sexan convocadas con tal carácter pola presidencia cando a urxencia do asunto ou asuntos a tratar, non permita convocar a sesión cunha antelación mínima de dous días hábiles. Neste caso deberá incluírse como primeiro punto da orde do día o pronunciamento do pleno sobre a urxencia da convocatoria, que deberá ser aprobada por maioría simple dos seus membros.
ARTIGO 5: UNIDADE DE ACTO
1.- Toda sesión haberá de respectar o principio de unidade de acto e procurarase que termine o mesmo día do seu comezo, podendo acordar a Presidencia a continuidade do mesmo ata o remate da orde do día.
2.- Exceptuando circunstancias excepcionais, ou sexa de urxencia ou gravidade para os intereses do Concello, a sesión levantarase ás 24:00 horas, salvo que non tivese concluído o debate ou votación do punto da orde do día que se estea examinando.
3.- Os asuntos non debatidos, incluiranse na orde do día da seguinte sesión ordinaria.
4.- Durante o transcurso da sesión, a presidencia poderá acordar interrupcións para permitir as deliberacións dos grupos sobre a cuestión debatida ou para descansar os debates.
ARTIGO 6: PUBLICIDADE DAS SESIÓNS
1.- As sesións do pleno serán públicas, non obstante, poderá ser secreto o debate e a votación daqueles asuntos que poidan afectar ó dereito recollido no artigo 18.1 da Constitución cando así se acorde por maioría absoluta.
2.- Os representantes dos medios de comunicación deberán ter garantido o acceso e o espazo para desenvolver a súa tarefa nas debidas condicións.
3.- A presidencia velará polo mantemento da orde no salón. O público asistente ás sesións non poderá intervir, efectuar manifestacións de agrado ou desagrado, nin proferir comentarios que afecten ó devir da sesión.
Tampouco se permitirán que os membros da corporación se dirixan ó mesmo, salvo a presidencia para chamar ou pedir orde, podendo a presidencia en caso necesario, ordenar o desaloxo de calquera persoa ou do público asistente á sesión, podendo suspender a sesión ata retomar a tranquilidade para reanudar o pleno.
ARTIGO 7: CONVOCATORIA DAS SESIÓNS PLENARIAS

Anuncio publicado en: Num BOP 13 año 2020 17/01/2020
16/01/2020 08:00:00
13:15:12

a A Alcaldía, previa consulta coa xunta de voceiros, poderá variar por circunstancias excepcionais e xustificativas o día de celebración dalgunha sesión ordinaria, apartándose o menos posible do acordado no pleno, comunicándoo ós interesados.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data17/01/2020

Conteggio pagine23

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni