Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 15 DE XANEIRO DE 2020

N.º 011

CONCELLOS
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓN PREZOS PUBLICOS ESCOLAS MÚSICA E DANZA DECEMBRO DE 2019
Por Xunta de Goberno Local do día 23.12.2019 aprobouse o padrón dos Prezos Públicos Escolas Música e Danza do mes de decembro de 2019.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícase colectivamente os recibos derivados deste padrón.

De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei das facendas locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria, fíxase como prazo de pago en período voluntario dende o 13.01.2019 ata o 13.03.2020.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2020.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 0047

Anuncio APROBACION PADRÓNS AXUDA AO FOGAR BASICA E LEI DEPENDENCIA DECEMBRO 2019
COBRANZA

E ANUNCIO DE

Por Xunta de Goberno Local do día 23.12.2019 aprobáronse os padróns de prezos públicos Axuda ao Fogar Básica e Lei dependencia mes de decembro de 2019.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dos devanditos padróns dende o 20.01.2020 ata o 20.03.2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 11 año 2020 15/01/2020
14/01/2020 08:00:00
11:39:08

De conformidade coa Ordenanza xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data15/01/2020

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni