Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 11 DE XANEIRO DE 2020

N.º 008

CONCELLOS
LUGO
Anuncio ANUNCIO DECOBRANZA
Faise saber que ó abeiro da Ordenanza Fiscal Xeral o enderezo fiscal de cada contribuinte é único perante o Concello de Lugo e coincidirá co de empadroamento, salvo notificación expresa ao Concello doutro diferente. Ó
citado enderezo fiscal remitiránse todolos recibos do contribuinte.
Asimesmo faise saber ós contribuíntes e interesados de que a partir do vindeiro 20 de xaneiro e ata o 20 de marzo do ano 2020, ambos inclusive, pónse o cobro, en prazo voluntario, o padrón de subministración de auga e IVA
s/seu consumo, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon da auga correspondente ó cuarto trimestre de 2019

Para o resto dos contribuíntes, os documentos de cobro seránlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectua-lo pago en calquera oficina de Abanca, Caixabank, BBVA e Banco Sabadell. No caso de non recibilos, o obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais, sitas na Ronda da Muralla Nº197-planta baixa Negociado de Augas, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectua-lo pagamento das débedas, poderase realizar o mesmo incrementado cun 5% de recargo executivo ata o dia 20 de abril de 2020, utilizando o mesmo recibo, en calquera das oficinas de Abanca, Caixabank, BBVA e Banco Sabadell; todo isto sen prexuízo de que se poida iniciar o procedemento de constrinximento, co recargo, xuros e custas que se poideran producir A falta de pago no periodo voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indicarse que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidad Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria Lugo, 7 de xaneiro de 2020.- A TENENTA DE ALCALDESA DA ÁREA DE GOBERNANZA: ECONOMÍA E RECURSOS
HUMANOS, Mercedes Paula Alvarellos Fondo.
R. 0029

RÁBADE
Anuncio O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 9 de decembro de 2019, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos Nº 11/2019, transferencia de crédito entre distintas áreas de gasto, someténdose o mesmo a exposición pública por prazo de 15 días, mediante publicación no BOP número 285 de 13 de decembro de 2019. Non presentándose alegacións durante o comentado período, a modificación orzamentaria considerase definitivamente aprobada. En cumprimento do artigo 169 do Texto Refundido da LRFL
publícanse resumidos por capítulos o estado de gastos para o exercicio 2019, tras a modificación orzamentaria sinalada:

Anuncio publicado en: Num BOP 8 año 2020 11/01/2020
10/01/2020 08:00:00
14:31:53

Para o cobramento do mesmo, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, éstos seránlles cargados nas contas bancarias respectivas o día 05 de febreiro de 2020

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data11/01/2020

Conteggio pagine4

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni