Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 16 DE XANEIRO DE 2020

N.º 012

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira Lugo, na sesión plenaria ordinaria do 4 de decembro do 2019, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora das condicións de acceso ás prazas de titularidade municipal do centro de atención residencial, do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar do Concello de Baleira .

No caso de non presentarse reclamacións e/ou suxerencias no citado prazo, o antedito acordo entenderase definitivamente adoptado.
Baleira, 26 de decembro de 2019.- O Alcalde, Angel Enrique Martínez-Puga López.
R. 0056

Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira Lugo, na sesión plenaria ordinaria do 4 de decembro do 2019 , acordou aprobar inicialmente o establecemento de prezos públicos pola prestación do servicio de prazas de titularidade municipal do centro de atención residencial do Consorcio Galego de Servicios da Igualdade e do Benestar do Concello Concello de Baleira , e a Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servicio de prazas de titularidade municipal do centro de atención residencial do Consorcio Galego de Servicios da Igualdade e do Benestar do Concello de Baleira.
De conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 05 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o expediente sométese ó trámite de información pública polo prazo trinta días hábiles , a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.
No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, o antedito acordo entenderase definitivamente adoptado.
Baleira, 26 de decembro de 2019.- O Alcalde, Angel Enrique Martínez-Puga López.
R. 0057

BARREIROS
Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de decembro de 2019, aprobase o prego de condicións que rexerá o arrendamento de fincas rústicas municipais en San Cosme de Barreiros.
Prazo de presentación de instancias: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio de 9:00 a 14:00 horas, no Rexistro xeral do concello de BarreirosRua Vila, 63, 27790, San Cosme de Barreiros, tamén poderán remitirse por correos, pero nese caso deberán enviar, antes de que finalice o prazo de presentación de ofertas, un fax co xustificante do envío por correo.

Anuncio publicado en: Num BOP 12 año 2020 16/01/2020
15/01/2020 08:00:00
14:02:25

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, o expediente sométese ó trámite de información pública polo prazo trinta días hábiles , a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que poida ser examinado e presentar as reclamacións e/ou suxerencias que se estimen oportunas.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/01/2020

Conteggio pagine8

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni