Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 18 DE XANEIRO DE 2020

N.º 014

CONCELLOS
BÓVEDA
Anuncio EDICTO DE NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA
Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e canon da auga do 3º trimestre do exercicio 2019.

O prazo de cobro en período voluntario será de un mes: Dende o día quince de xaneiro de 2020 ata o día quince de febreiro de 2020.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas ao mesmo, e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, os interesados poderán interpoñer, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes, recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia, de acordo con canto establece o artigo 14 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5
de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Trascorrido o período de pago en voluntaria as débedas co concello serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se pruduzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificacion.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao aveiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Bóveda, 13 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, José Manuel Arias López.
R. 0078

O CORGO
Anuncio CORRECCIÓN DE ERROS EN ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS
DO IBI, ICIO, IAE E TAXA POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADE ADMINISTRATIVA:
Detectados erros no anuncio deste Concello publicado no BOP nº 220, do 24 de setembro de 2018, e aprobada a súa corrección no Pleno do 29 de marzo de 2019, corríxese do seguinte xeito:
Modificación da ordenanza fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles, dando unha nova redacción ao Art. 4., engadíndose un número novo, que quedará como segue:
Art. 4.7 b , onde di As bonificacións se aplicarán conforme aos seguintes tramos:
-

Ata o 95 % de bonificación da cota tributaria.

Debe dicir: As bonificacións se aplicarán conforme aos seguintes tramos:
-

O 95 % de bonificación da cota tributaria
Anuncio publicado en: Num BOP 14 año 2020 18/01/2020
17/01/2020 08:00:00
13:48:31

Por Resolución da Alcaldía de data 13 de xaneiro de 2020, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, lixo e canon da auga, correspondente ao 3º trimestre do exercicio 2019, así como a apertura dun período de información pública por prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen oportunas, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formula ningunha reclamación contra o mesmo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/01/2020

Conteggio pagine3

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni