Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 23 DE XANEIRO DE 2020

N.º 018

CONCELLOS
SOBER
Anuncio Por resolución de Alcaldía de data de 11/12/2018, por existencia de crédito para concesión de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación integral ARI municipio de Sober, 5
fase, acordouse abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes de axudas para obras de rehabilitación de vivendas, dende o 18/12/2019 ata o 02/03/2020, e de acordo coas bases publicadas no BOP da provincia de Lugo, de data de 17 de febreiro de 2016, de concesión de subvencións da área de rehabilitación integral ARI, municipio rural de Sober Lugo.
Sober, 17 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, Luis Fernández Guitián.

O VALADOURO
Anuncio BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE 2
OPERARIOS OFICIAIS DE 1 PARA O SERVIZO DE MANTEMENTO DE VÍAS MUNICIPAIS AO ABEIRO DO PLAN
ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019 PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO
PRIMEIRA. OBXECTO E NORMAS DE APLICACIÓN
É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal, a través do proceso de selección de concurso oposición, de 2 traballadores 2 operarios oficiais de 1 para o servizo de mantemento de vías municipais para a realización de diversos traballos ao abeiro do Programa Fomento do Emprego.
As probas selectivas para o acceso ás prazas convocadas seralles de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables e así mesmo, o recollido nas Bases reguladoras do plan provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019 da Excma. Deputación provincial de Lugo.
SEGUNDA. CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS DE TRABALLO LABORAL CONVOCADO
O número de postos de traballo, a súa denominación e características relaciónanse de seguido:
.- Número e denominación dos postos: 2 operarios oficiais de 1 para o servizo de mantemento de vías municipais.
.- Servizos diversos municipais.
.- Modalidade contractual: A modalidade de contrato de traballo temporal a tempo completo durante 5,5 meses, sendo en todo caso a data límite de finalización do contrato o 30 de setembro de 2020.
.- Funcións:
2 operarios - Servizo de mantemento de vías municipais, traballos diversos tales como:
- Reparación, extracción e reposición de pavimentos - Retirada e colocación de mobiliario urbano - Construción de arquetas e imbornais de saneamento - Construción de vados para paso de peóns
Anuncio publicado en: Num BOP 18 año 2020 23/01/2020
22/01/2020 08:00:00
11:39:31

R. 0119

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/01/2020

Conteggio pagine17

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni