Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 8 DE XANEIRO DE 2020

N.º 005

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA. DIRECCIÓN XERAL DE
ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO
Anuncio APROBACION DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO
CONSORCIO LOCAL DOS PEARES.
A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con data do 10 de decembro de 2019 ditou Orde na que resolveu:

SEGUNDO. Notificar esta orde individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados aos cales foi notificada a aprobación inicial.
Consonte co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio de un anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado.
TERCEIRO. Notificar a presente orde aos Concellos de A Peroxa, Carballedo, Nogueira de Ramuín, Pantón así como ao Consorcio Local dos Peares, ás delegacións de Economía e Hacienda de Lugo e Ourense e á Consellería de Facenda.
CUARTO. Publicar a Orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro.
QUINTO. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia e co artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio o PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DO CONSORCIO LOCAL DOS PEARES no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
SEXTO. De conformidade co disposto nos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, unha vez inscrito o plan no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, publicarase nos boletíns oficiais da provincia de Lugo e Ourense a normativa e ordenanzas do PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E
DOTACIÓNS DO CONSORCIO LOCAL DOS PEARES aprobado definitivamente, entrando en vigor o plan especial aos 15 días hábiles a contar dende a última das publicacións no BOP.
Contra esta Orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Orde de aprobación definitiva do plan especial foi publicada no DOGA núm 241 do 19/12/2019.
Por resolución da Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de 19 de decembro de 2019 procedeuse á inscrición do plan especial de protección, Infraestruturas e dotacións do Consorcio local dos Peares no rexistro de planeamento urbanístico de Galicia, co número de rexistro RPG 00090/2019, no Libro I, Tomo III, folla rexistral nº 84.

Anuncio publicado en: Num BOP 5
9 año 2020 08/01/2020
07/01/2020 08:00:00
13:47:27

PRIMEIRO. Outorgar a aprobación definitiva ao PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS
DO CONSORCIO LOCAL DOS PEARES, Aprobación definitiva de data outubro 2019, redactado por Iago Seara Morales e Jorge Rodríguez Álvarez, con sinatura dixital de datas 26/10/2019, 27/10/2019, 01/11/2019 e 03/11/2019.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/01/2020

Conteggio pagine90

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni