Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

30

Núm. 010 martes, 14 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Terceiro.- Publicar as bases íntegras no Boletín Oficial da Provincia.
Pedrafita do Cebreiro, 8 de xaneiro de 2020.- José Luís Raposo Magdalena.
R. 0037

RÁBADE
Anuncio Padrón Tributario da Taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, canon da auga e recollida de lixo do 5º e 6º bimestre do exercicio 2019.
Por Decreto da Alcaldía de data 02 de xaneiro de 2020, aprobouse o Padrón Tributario da Taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro, canon da auga e lixo, correspondente ó quinto e sexto bimestre do exercicio 2019, cuxo importe total ascende á cantidade de 85.125,98 oitenta e cinco mil cento vinte e cinco con noventa e oito e 76.560,74 setenta e seis mil cincocentos sesenta con setenta e catro euros respectivamente, así como a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario para o 5º bimestre desde o día 28 de outubro de 2019 ó 6 de xaneiro de 2020 e para o 6º bimestre desde o 20 de decembro de 2019 ó 28 de febreiro de 2020.
Contra o acto de aprobación do padrón da taxa prestación do servizo de augas, sumidoiro e lixo e das liquidacións incorporadas a este, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente.
Transcorrido o período de pago en período voluntario as débedas serán esixidas polo procedemento de constrinximento a través do servizo provincial de recadación co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no prazo dun mes desde o día seguinte ao remate de exposición pública do padrón.
A falta de pagamento en período voluntario do canon de auga suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Rábade, 7 de xaneiro de 2020.- O ALCALDE, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 0038

RIBAS DE SIL
Anuncio Aprobados por Decreto da Alcaldía de data 9 de xaneiro de 2020 o padrón do 3º Trimestre de 2019 do servizo de abastecemento de auga, canon, sumidoiros e recollida de lixo e por decreto de data 18 de decembro de 2019
o padrón da taxa polo Servizo de axuda no fogar do mes de novembro de 2019, por medio do presente expóñense ao público por prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Contra o acordo de aprobación dos devanditos padróns poderá interpoñerse recurso de reposición ante o propio alcalde polo prazo de un mes, contado dende o día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición ó público. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano correspondente da Xunta de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data14/01/2020

Conteggio pagine32

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni